InicioSucesosEvacuadas dúas persoas ao hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo tras un accidente...

Evacuadas dúas persoas ao hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo tras un accidente múltiple en Mos

Produciuse unha colisión entre tres vehículos á altura da saída 14 da A-55 cara a Ponteareas

PUBLICADO O

- Advertisement -

Dúas persoas foron evacuadas na tarde deste mércores ao hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo tras rexistrarse un accidente múltiple na localidade pontevedresa de Mos. Segundo fontes do 112 Galicia, os feitos sucederon sobre as 14,30 horas e foron os propios servizos de urxencias sanitarias os que alertaron ao Centro Integrado de Atención ás Emerxencias.

Así, explicaban que se produciu unha colisión entre tres vehículos á altura da saída 14 da A-55 cara a Ponteareas. Tamén un particular informou o suceso. Por iso, deuse aviso ao GES de Mos, á Policía Local e á Garda Civil de Tráfico, ademais da os Bombeiros de Baixo Miño.

Finalmente, os voluntarios de GES aseguraron que dúas persoas tiveron que ser evacuadas ao hospital Álvaro Cunqueiro ao resultar feridas na colisión.

ÚLTIMAS

“A indiferenza tamén é violencia”: Vigo sae á rúa baixo a choiva para defender as persoas sen fogar

Decenas de persoas protestaron na tarde deste venres en Vigo contra a aporofobia e...

Denuncian a eliminación de vexetación nun humidal de Vigo: “Non hai persoas nin vehículos que circulen baixo esas árbores”

A plataforma veciñal Barreiro Ladra denunciou a realización de rozas nun humidal de Vigo,...

Cayetana Álvarez de Toledo tenta convencer aos vigueses do “cambio necesario” con Feijóo

A número 2 da candidatura do PP por Madrid, Cayetana Álvarez de Toledo, participou...

Zona Franca inclúe na ampliación do polígono de Balaídos un “pulmón verde” de máis de 70.000 metros cadrados

O Consorcio Zona Franca de Vigo avanza co proxecto de ampliación do parque empresarial...