InicioVigo e contornaRedondelaEmerxencias desaloxa un edificio de Redondela por un incendio no seu interior

Emerxencias desaloxa un edificio de Redondela por un incendio no seu interior

As forzas de seguridade tratan de esclarecer as circunstancias deste incendio, que provocou unha importante cantidade de fume nas zonas comúns do edificio.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os servizos de emerxencias tiveron que desaloxar este domingo un edificio situado na rúa Cooperativa do municipio pontevedrés de Redondela ao declararse un incendio no seu interior. Segundo informou o 112, o suceso produciuse sobre as 13,30 horas. Con todo, ningunha persoa resultou ferida neste lume que se produciu nun inmoble de catro alturas.

No operativo de extinción participaron os Bombeiros do Baixo Miño, o GES de Mos, a Policía Local, os servizos sanitarios e a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Redondela, ademais da Policía Nacional, que foi quen deu aviso da incidencia. Agora, as forzas de seguridade tratan de esclarecer as circunstancias deste incendio, que provocou unha importante cantidade de fume nas zonas comúns do edificio.

ÚLTIMAS

“A indiferenza tamén é violencia”: Vigo sae á rúa baixo a choiva para defender as persoas sen fogar

Decenas de persoas protestaron na tarde deste venres en Vigo contra a aporofobia e...

Denuncian a eliminación de vexetación nun humidal de Vigo: “Non hai persoas nin vehículos que circulen baixo esas árbores”

A plataforma veciñal Barreiro Ladra denunciou a realización de rozas nun humidal de Vigo,...

Cayetana Álvarez de Toledo tenta convencer aos vigueses do “cambio necesario” con Feijóo

A número 2 da candidatura do PP por Madrid, Cayetana Álvarez de Toledo, participou...

Zona Franca inclúe na ampliación do polígono de Balaídos un “pulmón verde” de máis de 70.000 metros cadrados

O Consorcio Zona Franca de Vigo avanza co proxecto de ampliación do parque empresarial...