InicioSucesosPiden prisión para unha acusada de tocar e bicar a un menor...

Piden prisión para unha acusada de tocar e bicar a un menor nun Centro de Violencia de Xénero

Os feitos tiveron lugar no centro de Emerxencias para Mulleres Vítimas de Violencia de Xénero da cidade olívica.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, xulga este mércores a unha muller acusada dun delito de abuso sexual a un menor tras supostamente bicalo e realizarlle tocamentos en varias ocasións.

Os feitos ocorrerían no centro de Emerxencias para Mulleres Vítimas de Violencia de Xénero da cidade olívica e, por eles, Fiscalía solicita 4 e 5 meses de prisión.

Ademais, o Ministerio público pide a prohibición de achegarse á vítima ou comunicarse a ela durante catro anos e a inhabilitación da muller para realizar algún traballo que leve contacto con menores durante polo menos tres anos tras a pena de cárcere.

ÚLTIMAS

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...

Un xulgado de Vigo falla contra a Sareb e permite a un veciño de Privada Moderna quedar no seu piso

A praza 7 da Sección Civil do Tribunal de Instancia de Vigo fallou en...