InicioSociedadeConfirman a condena a 9 anos de prisión para o home que...

Confirman a condena a 9 anos de prisión para o home que tentou asasinar cunha aixada á súa veciña en Redondela

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia confirmou este mércores a condena imposta pola sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a condena de nove anos de cárcere imposta pola sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra a un home que tentou asasinar á súa veciña en Redondela golpeándoa cunha aixada e, posteriormente, cunha pedra.

No seu auto, a Sala do Civil e Penal subliña que non aprecia erro “de ningún tipo” na valoración probatoria, tal e como defendía o condenado no seu recurso.

Así, recalca que a declaración da vítima conta con elementos corroboradores “múltiples e contundentes”, entre eles as declaracións de testemuñas, dos axentes da Policía Local que acudiron ao lugar dos feitos e os partes da asistencia médica que necesitou a afectada.

Os maxistrados, do mesmo xeito que a sentenza de primeira instancia, consideran acreditado “o ánimo homicida” do condenado, tanto pola arma empregada na agresión como pola zona da cabeza á que dirixiu o golpe e a súa intensidade. Ademais, recalcan que, tras empregar a aixada, e coa vítima no chan, golpeouna “reiteradamente cunha pedra de considerables dimensións, verbalizando, ademais, no devandito momento, a súa intención de dar fin á súa vida”.

Os médicos forenses, segundo indican na resolución, tamén confirmaron sen dúbidas “a aptitude letal dos instrumentos empregados e o risco real que padeceu a vítima”. Contra o fallo cabe presentar recurso de casación ante o Tribunal Supremo.

ÚLTIMAS

Unha investigación iniciada en Vigo destapa unha rede que enganaba migrantes con falsas ofertas de emprego

Unha investigación da Policía Nacional iniciada en Vigo permitiu desmantelar unha rede dedicada a...

O Concello reforza servizos para facilitar a regularización

O Concello de Vigo reforzou o servizo de atención ao público para "atender ao...

O Concello activará un dispositivo permanente para situacións de violencia de xénero

O Concello de Vigo activará o 1 de maio un novo dispositivo de acollemento...

Dous furtivos reinciden dúas noites seguidas mariscando ilegalmente en Teis

Axentes da Policía Local de Vigo identificaron a dous mariscadores furtivos que estaban a...