InicioSociedadePolicías entregaron xoguetes aos nenos con cancro do Álvaro Cunqueiro

Policías entregaron xoguetes aos nenos con cancro do Álvaro Cunqueiro

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Nacional fixeron entrega de xoguetes no Hospital Álvaro Cunqueiro, en Vigo, a nenos ingresados na unidade de oncoloxía.

Esta campaña de recollida de xoguetes realizouse a través da asociación Bicos de papel, que traballa con nenos oncolóxicos, e a asociación Cada neno un xoguete, que se encarga de recuperar e rehabilitar xoguetes usados e distribuílos entre as familias máis necesitadas.

A asociación Cada neno un xoguete mostrouse “moi agradecida e ilusionada polo éxito desta campaña, a gran cantidade de xoguetes recolleitos e o bo estado dos mesmos”.

Tamén se repartiron adhesivos, marcapáginas e carnés de policía infantil, de forma que se achega “aos máis pequenos a imaxe policial, compartindo uns minutos con estes nenos”.

ÚLTIMAS

Amplo seguemento da folga na área de Vigo, segundo os sindicatos

Por zonas, a central nacionalista informa de que, en Vigo, na farmacéutica Cofano xa...

Sindicatos calculan un 20% de seguemento na quenda de noite de Stellantis Vigo

Datos desiguais sobre o seguimento da folga xeral deste mércores nas distintas compañías industriais...

Vigo e as pensións

POR ÓSCAR LOMBA, activista social e integrante de Podemos Defender as pensións públicas é defender...

Vigo, epicentro dunha folga xeral con numerosas mobilizacións en toda Galicia

Os traballadores galegos están convocados este mércores 11 de novembro a secundar unha folga...