InicioSociedadePersoal de Política Social defende que as acusacións de malos tratos de...

Persoal de Política Social defende que as acusacións de malos tratos de familias de usuarios da residencia do Meixoeiro son mentira

PUBLICADO O

- Advertisement -

O comité de empresa do persoal laboral de Política Social na provincia de Pontevedra denunciou as “graves acusacións” vertidas pola asociación de Familiares e Usuarios de Residencias e da Dependencia contra o persoal do Centro de Atención a Persoas Dependentes do Meixoeiro.

“Queremos expresar a nosa profunda indignación sobre as infundadas acusacións vertidas”, lamentaron nun comunicado, despois de que as familias afirmasen que se están producindo “malos tratos sobre residentes, que se lles somete con suxeicións, retíranselles e esconden as próteses e os utensilios básicos, que se lles droga e négaselles toda atención e outras moitas e moi graves acusacións”.

“Minten e demostrarémolo”, reivindicou o comité, que engadiu que acudirá á Fiscalía para que investigue ditas palabras que, ao seu xuízo, “son constitutivas de delito e que se fan en contra do persoal do centro amparándose nunhas fotos das que non se pode acreditar nin a autoría, nin a veracidade“.

Os empregados subliñaron que sempre defenderon os servizos públicos de calidade e o bo facer do seu persoal. “Non imos permitir que se dubide da nosa profesionalidade. Minten e queren enganar á opinión pública calumniando ao persoal”, sentenciaron.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...