InicioSociedadeVeciños recadan fondos para denunciar o ruído das festas do Nadal

Veciños recadan fondos para denunciar o ruído das festas do Nadal

A Agrupación de Veciños da Zona do Centro de Vigo reuniu xa case 2.000 euros, mais precisa 10.000 para contratar a un avogado experto na materia, realizar polo menos dez medicións de ruido por parte da empresa especializada e crear un informe gráfico e visual que reflicta a situación que aseguran estar a vivir

PUBLICADO O

- Advertisement -

Agrupación de Veciños da Zona do Centro de Vigo reuniu xa case 2.000 euros cunha campaña de recadación na plataforma GoFundMe para denunciar o ruído xerado polo “parque de atraccións” e mercadillo instalado na cidade durante o período do Nadal.

Os afectados, que xa iniciaran unha recollida de firmas en Change.org coa que pedían ao Concello “que poña fin á montaxe e patrocinio desta actividade no medio das rúas do centro”, decidiron pasarse á vía administrativa.

Para isto, animan á participación cidadá, xa que necesitan reunir un orzamento de 10.000 euros para poder contratar a un avogado experto na materiarealizar polo menos dez medicións de ruído por parte dunha empresa especializada e crear un informe gráfico e visual que reflicta a situación “atroz” que aseguran vivir.

“Esta actividade comercial promovida polo Concello atenta directamente contra a inviolabilidade do noso domicilio, descanso, seguridade, saúde, protección do medio ambiente, etc. Todos eles son dereitos fundamentais dos que alí vivimos ou traballamos”, sinala o grupo.

Así mesmo, segundo as declaracións da comunidade, os niveis de ruído destas instalacións “incumpren” a normativa legal europea, estatal, autonómica e do propio concello da cidade.

Deste xeito, pretenden iniciar “de forma inmediata” a denuncia pola vía administrativa contra o consistorio municipal porque, engaden, “é necesario esgotar esta vía antes de iniciar a vía xudicial se o Concello non rectifica na súa postura”.

ÚLTIMAS

Ferido tras romper un parrulo o parabrisas do seu coche en Vigo

Un condutor resultou ferido tras impactar unha ave contra o parabrisas do seu vehículo,...

Un helicóptero rescata un escalador ferido grave tras caer uns 12 metros no monte do Galiñeiro

Un escalador resultou ferido de gravidade este domingo tras sufrir unha caída duns 12...

Vigo confirma a súa candidatura para ser sede do Mundial de Fútbol de 2030

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este sábado que a cidade foi ratificada...

Reabre un carril da AP-9 en Mos tras o envorco dun camión con 32.000 litros de gasóleo

O carril esquerdo da AP-9 á altura do punto quilométrico 164, no termo municipal...