InicioSociedadeO PP de Tomiño denuncia "cortes de luz" nas parroquias e o...

O PP de Tomiño denuncia “cortes de luz” nas parroquias e o aumento de roubos

Os populares non descartan tomar accións legais de non revertirse a situación.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O PP de Tomiño denuncia que os cortes de luz nas parroquias son “cada vez máis frecuentes” e acusa a alcaldía de converter Tomiño nun “pobo a escuras”. Segundo explican, o goberno do BNG “tomou a decisión de aforrar cartos dándolle para abaixo ao interruptor do alumeado público”.

“Nestes momentos”, denuncian, “están alternando os cortes por zonas, de xeito que acenderán unha noite en Amorín, outra en Barrantes, outra en Goián…”. Ante estes feitos, dende o PP aseguran que a administración local “debería ter a capacidade de previr situacións excepcionais mediante unha xestión prudente e sensata dos cartos dos veciños, pero en Tomiño non é así”.

Así, acusan o concello de querer “converter un ben de primeira necesidade como é a luz nun privilexio, e isto vai máis aló do custo actual da enerxía”. E é que, segundo o PP, esta situación é consecuencia do “malgasto de cartos sen sentido en obras inxustificadas ao longo dos anos de mandato” e da “incompetencia xestora do BNG”. 

O PP asegura que “desde que se impuxo esta medida xa aumentaron as denuncias por roubos” e cónstalles, din, “que están entrando en vivendas do barrio do Carregal de Arriba, na parroquia de Amorín”. Dende o Partido Popular instan a alcaldesa Sandra González a “reverter esta situación” que cualifican de “insostible”, e non descartan tomar accións legais “se estas decisións seguen tendo prexuízos directos para os nosos veciños”.

ÚLTIMAS

Zendal organiza no Porriño un encontro internacional sobre os desafíos da inmunización e a saúde global

A compañía biotecnolóxica Zendal organizará este venres, 24 de abril, nas súas instalacións do...

O PP reprocha a Caballero que presuma de “potencia turística”

A presidenta do PP de Vigo e portavoz municipal 'popular', Luisa Sánchez, reprochou este...

O Sergas garante asistencia a quen deixe Povisa e escolla o Cunqueiro

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, subliñou que se “dará resposta” ás necesidades...

O BNG carga contra Concello e Xunta polo desaloxo de Beiramar: “Máis de vinte persoas seguen na rúa”

O BNG de Vigo denunciou este martes que, unha semana despois do desaloxo da...