InicioSociedadeUnha muller ferida nun accidente na AP-9 entre dous camións e un...

Unha muller ferida nun accidente na AP-9 entre dous camións e un turismo

Foron avisados Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Bombeiros de Vigo e Policía Local. Segundo confirmaron os Bombeiros de Vigo ao 112 Galicia ao finalizar a súa intervención, dúas persoas habían resultado feridas debido ao choque e unha delas tivo que ser excarcerada.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Dúas persoas necesitaron asistencia médica e unha delas tivo que ser excarcerada polos Bombeiros de Vigo, ao quedar atrapada no interior dun dos vehículos implicados, nun choque frontal entre dous turismos no Camiño Real, pasadas as 16,00 horas.

Foron avisados Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Bombeiros de Vigo e Policía Local. Segundo confirmaron os Bombeiros de Vigo ao 112 Galicia ao finalizar a súa intervención, dúas persoas habían resultado feridas debido ao choque e unha delas tivo que ser excarcerada.

COLISIÓN DOUS CAMIÓNS E TURISMO AP-9

Por outra banda, en Redondela, unha muller resultou ferida nun choque múltiple no que se viron implicados o coche no que circulaba e dous camións, ao paso da autoestrada pola parroquia de Trasmañó, no punto quilométrico 149.

Segundo relataron varias persoas particulares que contactaron co 112 Galicia, o sinistro tivo lugar ás 16,30 horas, cando dous camións –que non transportaban mercadorías perigosas– e un turismo chocaron no sentido sur da circulación.

Con estes datos, o persoal do CIAE 112 Galicia pasaron o aviso á Garda Civil de Tráfico, a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, ao servizo de mantemento da autoestrada, ao GES de Mos e efectivos de Protección Civil.

ÚLTIMAS

The Corrs actuarán en Vigo o 11 de agosto en Castrelos

A banda irlandesa The Corrs actuará no auditorio de Castrelos de Vigo o próximo...

O PP e o BNG de Vigo esixen mobilizar 60 millóns de remanentes para vivenda e servizos sociais

O Partido Popular e o BNG de Vigo coincidiron este mércores en demandar unha...

O Xuíz pide á Policía Local todos os informes sobre intervencións na atracción Saltamontes en Coia e Balaídos “en anos anteriores”

O tribunal de instancia, sección de instrución, praza 3 de Vigo, que investiga o...

Rueda presenta en Vigo 172 vivendas protexidas e 37,2 millóns de investimento

A Xunta licitou a construción dun novo edificio na ampliación do barrio vigués de...