InicioSociedadeA CIG inicia a celebración do 50 aniversario da histórica folga de...

A CIG inicia a celebración do 50 aniversario da histórica folga de 1972 en Vigo

Trátase de 'Setembro de 1972. Unha folga que mudou a nación galega'.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A CIG arrincará os actos de conmemoración do 50 aniversario da folga de 1972 en Vigo coa proxección do traballo audiovisual ‘Setembro de 1972. Unha folga que mudou a nación galega’, que terá lugar no auditorio Afundación da cidade olívica, seguida dun coloquio.

O documento, que recolle testemuños dalgunhas persoas que viviron eses acontecementos, será presentado polo secretario xeral da CIG, Paulo Carril, que tamén informará das diferentes actividades programadas polo sindicato nacionalista con motivo esta efeméride. Tras a proxección haberá un coloquio moderado polo secretario comarcal de CIG-Vigo, Alberto Gonçalves.

No marco deste aniversario, a CIG tamén convocou unha manifestación para o próximo 22 de setembro, que sairá desde o cruzamento de Vía Norte e Urzáiz ás 11,00 horas. Así mesmo, comunicou que mantén a súa oferta ao Concello para a instalación dun monumento (sufragado e cedido polo sindicato) que lembre esa folga na cidade.

A CIG lamentou os “obstáculos” que está a pór o goberno local á devandita instalación, e insistiu en que, se non se chega a unha solución para emprazar ese monumento nalgún lugar, terminarán a manifestación do día 22 na Praza do Rei, diante do Consistorio, onde colocarán unha réplica desa composición, deseñada polo escultor Javier Diéguez Mosquera.

As mulleres reivindican o seu papel na histórica folga de 1972 en Vigo: “Non se puido soster sen elas”

ÚLTIMAS

O BNG de Vigo esixe o fin da “batalla de egos” entre Xunta e Concello que bloquea a recuperación da ETEA

O BNG de Vigo volveu instar este mércores á Xunta de Galicia e ao...

O PP de Vigo denuncia un pago de 1,1 millóns a DomusVi polo servizo de Axuda no Fogar “sen contrato”

O PP de Vigo denunciou que o Concello terá que pagar 1,1 millóns de...

Caballero crítico co borrador da lei de administración local: “Home, o primeiro é o alcalde de Vigo’

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, afeou á Xunta que non se lle solicitase...

A Universidade de Vigo impulsa a dixitalización da acuicultura atlántica

Investigadores do Centro de Investigación Mariña (CIM) da Universidade de Vigo participan no proxecto...