InicioSociedadeAumentan os hospitalizados por Covid na área de Vigo

Aumentan os hospitalizados por Covid na área de Vigo

Baixan os casos con respecto á pasada semana.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os pacientes hospitalizados pola Covid-19 repuntaron a 796 no conxunto de Galicia ao ingresar outros 107 máis este pasado fin de semana –a Consellería de Sanidade non actualiza datos desde o sábado–, dos cales 25 permanecen en UCI, mentres que os casos activos descenden a 14.490, tras abrirse 753 novos casos deste coronavirus nas últimas 24 horas. Polo seu lado, a taxa de positividade é dun 56% en Galicia, máis do 1.000% xa que a media da OMS está nun 5%.

Segundo os datos actualizados este luns pola Consellería de Sanidade, con rexistros ata as 18,00 horas do domingo –os últimos corresponden á xornada do venres–, recollidos por Europa Press, aumentan desde o venres a 26 os pacientes en UCI pola Covid-19 en Galicia –tres máis– e a 771 hospitalizados noutras unidades –104 máis–, mentres que 13.694 permanecen en seguimento no seu domicilio. Hai unha semana, o luns 27 de xuño, había 594 ingresados, deles 21 en UCI.

Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria aumenta con respecto ao venres pasado nas sete, en especial na de Vigo, na que soben a tres os pacientes Covid na UCI –un máis– e a 121 os ingresados noutras unidades –20 máis–.

DESCENSO DE CASOS

Os casos activos descenden por primeira vez tras cinco xornadas seguidas en ascenso e sitúanse en 14.490 ao haber máis altas (3.028) que contag¡xios (1.919) este pasado fin de semana en Galicia. O luns 27 de xuño había 11.567 infeccións activas. O descenso é xeneralizado nas sete áreas sanitarias galegas, coa da Coruña e Cee á fronte (-378), seguida da de Vigo (-313), que queda con 2.299.

ÚLTIMAS

O BNG denuncia que o ximnasio de O Berbés carece de seguro de accidentes

O grupo municipal do BNG no Concello de Vigo esixiu explicacións ao goberno local...

Galicia Fest prepara un cartel de luxo para este venres e sábado

O Galicia Fest ultima os preparativos para a súa celebración, este venres e este...

Vigo únese ás mobilizacións de apoio á Flotilla Global Sumud

A cidade de Vigo sumarase este sábado ás mobilizacións de apoio á Flotilla Global...

Vigo rende homenaxe aos alcaldes fusilados polo franquismo hai 89 anos

A Corporación viguesa, encabezada polo alcalde Abel Caballero, xunto a sindicatos, asociacións e outros...