InicioSociedadePolémica con Médicos Sen Fronteiras: "Pode unha ONG que defende dereitos humanos...

Polémica con Médicos Sen Fronteiras: “Pode unha ONG que defende dereitos humanos esquecer os laborais?”

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) declarou nula hai uns días a cláusula 7 dos contratos dos captadores de Médicos Sen Fronteiras (MSF), unha cláusula que esixe que o persoal alcance uns obxectivos mínimos en canto a número de socios, así como un financiamento mínimo.

Non alcanzar este dobre obxectivo supón para os traballadores a aplicación dun despedimento disciplinario, sen indemnización, o que supón unha alta taxa de rotación.

Desde CCOO entenden sobre este asunto que, tal e como fallou o tribunal, este tipo de cláusula de rendemento protagoniza unha situación de abuso por parte da ONG, “xa que foi unha cláusula aplicada unilateralmente, que non foi negociada e aplica un réxime sancionador que pode levar a cabo á extinción do contrato cando non alcanzas os obxectivos durante 3 meses de forma consecutiva e durante 6 meses de forma non consecutiva”.

” A situación laboral noutras ong é moitísimo peor”

A día de hoxe é unha cláusula inalcanzable para a maior parte do persoal (só a alcanza o 11% no 2016), xa que conseguir un mínimo de 6 socios semanais e unha cota de financiamento de 115€ é algo que non depende só dos traballadores, senón que depende da voluntariedade de terceiras persoas.

Ademais, en caso de non aplicar o despedimento disciplinario, MSF interpón amoestacións mensuais, “mesmo cando se supera o número de socios, e quedas a céntimos do obxectivo de financiamento”.

CCOO, adherida no ano 2016 á demanda de conflito colectivo presentada pola CNT, cualifica esta sentenza como un logro para as condicións laborais dos captadores de socios, e entende que se abre unha clara oportunidade de mellorar as condicións precarias que se dan no sector, “xa que somos coñecedores de que a situación laboral noutras ONGs é moitísimo peor”.

“Atopámonos ante un sector que precariza a vida da mocidade maiormente, nun sector moi feminizado e que precariza aos persoais de captación con cláusulas abusivas, xornadas de traballo interminables, sen protocolos de violencias e un longo etcétera. Por iso salientamos a necesidade de que a Asociación Española do Fundraising inicie unha revisión na contratación dos captadores”, salientan desde CC.OO.

Ademais, desde os recortes en financiamento público ás ONGs, cobran especialmente importancia estes captadores, sendo o maioría dos casos a maior vía de financiamento para levar a cabo a axuda humanitaria, no caso de MSF o 99% dos fondos son privados e maiormente alcanzados polos seus captadores.

“a ong non deixa de cesar ao seu pesoal dunha forma abusiva e ilegal”

“Por toda esta situación e sendo coñecedores de que MSF recorrerá ao Supremo esta sentenza, CC.OO non entendemos que unha ONG que defende os DDHH olvide o cumprimento dos dereitos laborais“, criticaron.

Por iso, reclaman unha vez máis unhas condicións dignas no sector e en MSF, que deixe de aplicar a cláusula ata que haxa unha sentenza do Supremo ou outras vías de medir o rendemento do persoal.

Ademais, no momento de ratificarse a nulidade da cláusula, “esixiremos a readmisión das persoas despedidas baixo esa situación, xa que a ONG non deixa de cesar ao seu persoal dunha forma abusiva e ilegal, impedindo o mantemento do posto de traballo”, selaron.

ÚLTIMAS

A CIG alerta da “crise profunda” na automoción galega nunha xornada de paro con centos de manifestantes en Vigo

O sindicato CIG alertou este xoves da "crise profunda" que, ao seu xuízo, afecta o sector...

José Enrique Sotelo renuncia como edil do PP en Cangas tras 30 anos en política municipal, varios deles como alcalde

José Enrique Sotelo, portavoz do grupo municipal do PP en Cangas do Morrazo e alcalde desta...

OPINIÓN.- O gran showman de Vigo

Aos seus 77 anos en Vigo existe un showman ao cal, despois de varias...

As poucas habitacións libres para a ponte de decembro en Vigo superan os 320 euros

As cidades de Vigo, Madrid, Málaga e Barcelona experimentaron un notable incremento nas reservas...