InicioSociedadeA Agrupación Transfronteiriza busca mellorar a mobilidade entre A Guarda e Caminha

A Agrupación Transfronteiriza busca mellorar a mobilidade entre A Guarda e Caminha

Segundo o delegado do Goberno, a veciñanza a cada lado do río ten dereito "a manter unha mobilidade sustentable e que ademais favoreza o tránsito do Camiño Portugués pola costa".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, apelou á mellora da mobilidade transfronteiriza entre A Guarda e Caminha como conexión costeira entre España e Portugal, tras reunirse co alcalde, Antonio Lomba, acompañado pola subdelegada en Pontevedra, Maica Larriba, e antes de facer un percorrido polo concello.

En relación a esta cuestión, e con motivo da súa visita, José Miñones explicou que a Agrupación de Cooperación Transfronteiriza, dependente da Deputación de Pontevedra, realiza un estudo sobre as posibilidades de mellora da mobilidade entre as dúas beiras do Miño. “Consideramos que pode ser moi interesante para cohesionar as localidades de Caminha e da Guarda”, destacou.

Nestes momentos, ambas as administracións están pendentes da conclusión deste estudo porque consideran que a veciñanza de ambos os lados do río ten dereito “a manter unha mobilidade sustentable e que ademais favoreza o tránsito do Camiño Portugués pola costa”, sostivo o delegado do Goberno.

Tamén detallou as actuacións do Ministerio para a Transición Ecolóxica para a protección litoral da Guarda, afectado pola dinámica da desembocadura do Miño.

A visita do delegado do Goberno e a subdelegada en Pontevedra incluíu o campo de concentración de Camposancos e as praias de Armona e Muíño.

ÚLTIMAS

Almuiña retira as competencias de Urbanismo ao edil de Baiona investigado pola Fiscalía

O alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña, retirou as competencias de Urbanismo, Patrimonio e...

Vigo aproba o retranqueo dos colectores de Balaídos para ampliar Tribuna cara ao Mundial 2030

O goberno de Vigo aprobará finalmente este venres o proxecto para o retranqueo dos...

A investigación polo accidente mortal no Saltamontes de Matamá encara a súa recta final

A investigación xudicial do accidente mortal ocorrido na atracción Saltamontes, en agosto de 2024,...

Un estudo do IEO investiga as especies causantes de floracións de algas nocivas nas Rías Baixas

Un equipo do Centro Oceanográfico de Vigo do Instituto Español de Oceanografía (IEO, CSIC),...