InicioSociedadeA triste despedida do comisario de Vigo

A triste despedida do comisario de Vigo

Carlos Valcárcel marcha entre reproches á "superioridade" por non autorizar un encontro con xornalistas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A etapa de Carlos Valcárcel como xefe da Comisaría de Policía Nacional de Vigo tivo un final inesperado e cargado de reproches e é que, a horas de que se produza o seu cesamento (por xubilación), o comisario compareceu ante os medios para lamentar que “a superioridade” (en alusión á Comisaría Provincial, dirixida por Estíbaliz Palma) obrigou a desconvocar un encontro previsto para este luns con xornalistas. “Prohibíronme reunirme no interior, e facer uso das instalacións, incluído o meu despacho. Despedímonos na rúa”, sinalou.

A pesar de que a convocatoria estaba feita e remitida aos medios desde hai varios días, poucos minutos antes de que se celebrase ese encontro, a propia Comisaría de Vigo informaba da anulación. Ante a presenza dos xornalistas nas instalacións policiais, o comisario, vestido de paisano, quixo comparecer ante os medios para agradecer o trato recibido nos 10 meses nos que estivo á fronte da xefatura local da Policía Nacional.

Preguntado acerca de por que se desautorizou esa conferencia de prensa, Carlos Valcárcel recoñeceu que “o primeiro sorprendido” foi el, e sinalou que a prohibición responde “unicamente a criterios da superioridade”. Así mesmo, sinalou que a Comisaría de Vigo “non se merece isto” e para el, con “44 anos de traxectoria” no Corpo, tampouco é “o momento máis feliz, ao contrario, é de desazón“.

“Non me queda máis remedio que acatar, a superioridade é a que ordena”, engadiu, e recoñeceu que, precisamente este inesperado final é a “espiña” que levará da Comisaría de Vigo: ” É un peche á miña carreira que non me merezo”.

Carlos Valcárcel tomou posesión da xefatura da Comisaría de Policía Nacional de Vigo en xullo do ano pasado, e na cidade olívica culminou unha carreira profesional que empezou en 1977 e que lle levou a traballar na Brigada de Investigación Criminal (agora Policía Xudicial) en atracos, na loita contra a banda terrorista ETA en Pamplona ou na loita contra o narcotráfico, como un dos creadores da Udyco de Galicia. En Vigo, baixo a súa dirección esclareceuse o crime de Chapela, coa detención dun home que presuntamente matou a outro home que lle fornecía drogas.

ÚLTIMAS

Tradutores alerta da precarización do traballo pola IA e piden non substituír humanos por máquinas

A Asociación Galega de Profesionais da Tradución e a Interpretación (AGPTI) convocou este mércores...

O BNG esixe á Xunta que rectifique o plan de transporte de Vigo e acusa o PP de “reincidir nun modelo sen futuro”

O BNG de Vigo esixiulle á Xunta que “rectifique” o plan de transporte para...

Armadores de Vigo ven “absolutamente insuficientes” as axudas para o sector pola crise de Oriente Medio

A Cooperativa de Armadores de Pesca do Porto de Vigo (ARVI) considera "absolutamente insuficientes"...

A Xunta cifra en 78 millóns de euros os investimentos autonómicos en Vigo “bloqueadas” polo goberno de Caballero

A delegada da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, cifrou en 78 millóns de euros...