InicioSociedadeAbel Caballero di que "instrucións de Feijóo" están detrás do rexeitamento ao...

Abel Caballero di que “instrucións de Feijóo” están detrás do rexeitamento ao túnel de Beiramar

"O túnel de Beiramar vaise a facer, gústelle ao señor Feijóo ou non lle guste", sentenciou.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, proclamou este luns que a construción dun túnel para soterrar o tráfico na Avenida de Beiramar é “imprescindible” e acusou ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, de estar detrás do rexeitamento do Porto a esa infraestrutura.

En declaracións remitidas aos medios, o rexedor olívico defendeu que ese túnel non só permitiría recuperar a superficie para os peóns e integrala na cidade, senón que canalizaría e melloraría “inconmensurablemente” o tráfico cara a e desde a terminal viguesa.

Así, o alcalde sinalou que, actualmente, xa hai tráfico vinculado ao Porto que utiliza os túneles que hai entre Cánovas del Castillo e Guixar, polo que prolongar o paso subterráneo e construír unha rotonda nese túnel permitirá mellorar os tránsitos, ao non haber semáforos. “Beiramar ten que ser un paseo peonil, e non está rifado en absoluto co Porto nin co tráfico do porto pesqueiro”, incidiu.

O presidente do Porto, Jesús Vázquez Almuíña, cuestionou a utilidade dese túnel pola complicación para os tráficos vinculados ao Porto e polo rexeitamento, segundo asegurou, das propias empresas.

No entanto, o alcalde ve tras esa posición “instrucións de Feijóo” para que a cidade non teña “unha franxa litoral digna” e lembrou que a Xunta achegou financiamento para a construción do túnel do Parrote na Coruña. “O túnel de Beiramar vaise a facer, gústelle ao señor Feijóo ou non lle guste”, sentenciou Caballero.

ÚLTIMAS

“A indiferenza tamén é violencia”: Vigo sae á rúa baixo a choiva para defender as persoas sen fogar

Decenas de persoas protestaron na tarde deste venres en Vigo contra a aporofobia e...

Denuncian a eliminación de vexetación nun humidal de Vigo: “Non hai persoas nin vehículos que circulen baixo esas árbores”

A plataforma veciñal Barreiro Ladra denunciou a realización de rozas nun humidal de Vigo,...

Cayetana Álvarez de Toledo tenta convencer aos vigueses do “cambio necesario” con Feijóo

A número 2 da candidatura do PP por Madrid, Cayetana Álvarez de Toledo, participou...

Zona Franca inclúe na ampliación do polígono de Balaídos un “pulmón verde” de máis de 70.000 metros cadrados

O Consorcio Zona Franca de Vigo avanza co proxecto de ampliación do parque empresarial...