InicioSociedadeFamiliares de anciáns saen á rúa un ano despois da covid para...

Familiares de anciáns saen á rúa un ano despois da covid para denunciar o acontecido nas residencias

“Un ano despois, non houbo comisión de investigación parlamentaria, nin se incrementou o persoal e medios de inspección", denuncian.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A federación galega de asociacións de familiares Vellez e Dignidade convocan dúas concentracións silenciosas con motivo do cumprimento dun ano da declaración da pandemia e en lembranza das vítimas e demandando a actuación da xustiza. Será este domingo, a primeira as 10:30 diante do concello de Cangas e a segunda as 12:30 fronte a entrada da residencia de Aldán.

“Un ano despois, non houbo comisión de investigación parlamentaria, nin se incrementou o persoal e medios de inspección por parte das consellerías de Sanidade e de Política Social”, denuncia esta entidade que lembra que diversos estudos sobre o envellecemento demostran que o illamento social ten efectos prexudiciais na saúde mental, no funcionamento físico e cognitivo e na lonxevidade.

“Segue sen investigarse xudicialmente : ¿Porque as persoas que vivían en residencias, tiveron unha mortalidade por COVID moitísimo maior das da súa mesma idade e estado de saúde que viven fora delas? e ¿Porque unhas residencias controlaron o COVID e noutras non?”, pregúntase nun comunicado.

A concentración seguirá as recomendacións da normativa relacionada co COVID aprobadas polo Goberno central na que non se poden superar as 500 persoas, hai que manter distancia de seguridade e levar máscara.

ÚLTIMAS

Intervida unha narcolancha cando era transportada nun camión en Mos

A Garda Civil de Pontevedra interveu unha posible narcolancha que estaba a ser transportada...

Ábrese o prazo de exposición pública para a revisión de autorización ambiental de CZ Vacines (Zendal) no Porriño

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este venres a resolución pola que se...

Caballero recibe de Defensa a Gran Cruz do Mérito Naval con distintivo branco

O Ministerio de Defensa concedeu ao alcalde de Vigo, Abel Caballero, a Gran Cruz...

A vivenda volve sacar a xente á rúa: Vigo e Ourense mobilízanse contra a “emerxencia habitacional”

Alianza Pola Vivenda convocou mobilizacións para este venres nas cidades de Vigo e Ourense...