InicioSociedadeUnha plataforma dixital axudará a previr o risco de incendios forestais

Unha plataforma dixital axudará a previr o risco de incendios forestais

Está impulsada por un consorcio púbico-privado no que participa a Universidade de Vigo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un consorcio púbico-privado no que participa a Universidade de Vigo (UVigo) presentou unha plataforma dixital que axudará a previr incendios forestais, a partir do establecemento de diferentes índices de risco e o desenvolvemento de “tratamentos preventivos”.

Trátase do proxecto Topacio, Tecnoloxías de optimización da xestión de infraestruturas para a prevención de lumes, que, por mor dos incendios forestais que arrasaron Galicia a finais de 2017, xurdiu co obxectivo de controlar a vexetación que crece xunto a infraestruturas de transporte.

En marzo de 2018 arrincou este proxecto, que se prolongou ata setembro de 2020 e que actualmente continúa en fase de probas. O obxectivo do grupo é que esta plataforma se chegue a comercializar e estea dispoñible con diferentes niveis de acceso segundo o tipo de usuario.

O consorcio tras este proxecto está conformado polos grupos da UVigo de Xeotecnoloxías Aplicadas (Geotech) e de Tecnoloxía Enerxética (GTE); as empresas Extraco, Aeromedia, Conexiona e Sans2; o Centro de Investigación Forestal de Lourizán, e Feuga.

De acordo cos participantes do proxecto, este non é só un traballo teórico, senón que se trata dunha ferramenta validada en escenarios reais en diferentes tipos de estradas, en concreto, o proxecto probouse en dúas infraestruturas de Ourense: en Celanova, na autovía AG-3, e en Lobios, na estrada OU-312.

RESULTADOS DO PROXECTO

Segundo explicaron no acto de presentación dos resultados deste proxecto, celebrado este venres de forma virtual, para levar a cabo esta plataforma empregáronse diversas tecnoloxías, como un láser de escáner móbil –que saca imaxes de alta resolución das infraestruturas– ancorado a vehículos de estrada e a drones.

Ademais, utilizáronse imaxes satelitais e recorreuse a modelos meteorolóxicos para previr riscos de incendios nas estradas estudadas. A partir dos datos, elaborouse un modelo sobre o nivel de perigo que ten a vexetación localizada á beira de infraestruturas de transporte.

Con iso, empezáronse a estudar as zonas de risco asociadas a esas estradas, o tipo de combustible forestal á hora de propagar un incendio e o risco antrópico –posibilidade de afectación a poboacións–, tras o que se integraron modelos meteorolóxicos para axudar a predicir os riscos de incendio.

Cos datos solicitados, poderase establecer o nivel de risco de incendio, para valorar posibles accións e xerar alertas que permitan supervisar o mantemento e control da vexetación nas marxes das autovías e activar os protocolos de emerxencias.

ÚLTIMAS

Carla Simón desenterra en Cannes os recordos dunha xeración “perdida” pola sida co filme ‘Romería’, rodada en Vigo

A cineasta Carla Simón desenterrou no Festival de Cannes os recordos da xeración dos...

O Celta-Xetafe desta fin de semana, de alto risco

A Comisión Permanente da Comisión Estatal contra a Violencia, o Racismo, a Xenofobia e...

Caballero reclama á Deputación de Pontevedra 6,25 millóns en investimentos

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, insistiu en reclamar á Deputación de Pontevedra investimentos...

Ordenan prisión para o home que quixo queimar a casa da súa exmuller en Tomiño coa súa filla dentro

O xulgado de instrución número 1 de Tui acordou o ingreso en prisión provisional,...