InicioSociedadeOs casos de covid en hospitais vigueses comezan a descender

Os casos de covid en hospitais vigueses comezan a descender

A área olívica rexistra seis casos activos máis que o martes.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os pacientes hospitalizados con Covid-19 en Galicia descenderon en 67, tras baixar tanto os que se atopan en UCI (247), como os que permanecen noutras unidades (1.125), nunha xornada na que tamén se reducen os casos activos, que se sitúan en 22.440 –82 menos–.

Así se constata nos datos difundidos na mañá deste mércores pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 horas deste martes, nos que se reflicte que os pacientes en UCI descenderon en seis ata os 247, mentres que os ingresados noutras unidades reducíronse en 61 ata os 1.125.

Por áreas sanitarias, na da Coruña e Cee os hospitalizados con coronavirus en UCI baixan en oito ata os 85 e os ingresados noutras unidades caen en 17 ata os 306; mentres que na de Santiago e Barbanza redúcense en catro –ata os 43– e en 16 –ata os 125–, respectivamente. Tamén a área de Pontevedra e O Salnés experimenta unha redución destacada de pacientes con Covid hospitalizados ao pasar a 29 en UCI –uno menos– e 117 noutras unidades –13 menos–; mentres que na de Vigo descenden a 24 –un menos– e 165 –sete menos–, respectivamente.

Na de Ourense os pacientes con Covid en UCI aumentan nun ata os 14, pero os que permanecen noutras unidades descenden a 176 –oito menos–. Por contra, na de Ferrol soben en catro as persoas en UCI con este virus ata as 27 e mantéñense en 166 as que están noutras unidades. Tamén no distrito sanitario de Lugo soben os pacientes con Covid en UCI ata os 25 –tres máis–, pero seguen sen cambios 70 noutras unidades de hospitalización.

MENOS CASOS ACTIVOS

En canto aos casos activos volveron a descender este mércores, como sucedeu o luns, ao baixar en 82 ata os 22.440 na Comunidade galega. Por áreas sanitarias, descenden nas Santiago e Barbanza (3.366); Ourense (2.815) e Lugo (2.093). Por contra, os casos activos aumentan nos distritos sanitarios da Coruña e Cee (5.889, tras sumar seis máis); Vigo (3.867, que suma seis máis–; Pontevedra (2.578, tras engadir 75) e Ferrol (1.832, con oito máis).

Os contaxios diarios –detectados con diferentes tipos de probas– volven a repuntar cun centenar de casos máis con respecto á xornada anterior ao situarse en 1.140, deles 935 positivos confirmados por PCR nas últimas 24 horas –fronte aos 791 do martes–. Ata a data en Galicia leváronse a cabo 1.447.952 PCR, o que supón 13.465 máis que a xornada pasada –tras un incremento de máis de 2.000 con respecto ao día anterior–.

Destes modos, os contaxiados ascenden na Comunidade galega a 100.216; deles 23.044 corresponden á área da Coruña e Cee; 19.159 á de Vigo; 16.321 á de Santiago e Barbanza; 13.534 á de Ourense; 10.745 á de Pontevedra e O Salnés; 10.492 á de Lugo; e 6.921 á de Ferrol.

TAXA DE POSITIVIDAD E FALECIDOS

Pola súa banda, a taxa de positividade –porcentaxe de infeccións por PCR realizadas– mantense nun 7 por cento, tras caer a un 6,7% na xornada do luns, polo que segue por riba do 5% que marca a OMS para dar por controlada a pandemia e do que Galicia non baixa desde o 24 de decembro.

En canto aos falecidos con Covid-19 en Galicia durante a pandemia aumentaron a 1.843, tras informar nas últimas horas Sanidade de 28 falecementos –correspondentes a varios días–. Entre estas 28 vítimas mortais con coronavirus, hai oito persoas vinculadas con residencias. Todos estes pacientes contaban con patoloxías previas, segundo indicou Sanidade.

ÚLTIMAS

Falece o presidente do Banco de Alimentos de Vigo, Iván Martínez

O presidente do Banco de Alimentos de Vigo, Iván Martínez, faleceu este domingo. Nun...

O Rexistro de Vivenda Protexida en Galicia supera os 17.900 demandantes, con Vigo á cabeza

O rexistro galego de vivenda protexida roza os 18.000 demandantes, deles case un terzo...

As auroras boreais volven a Galicia

Galicia sufriu na noite deste venres unhas tormentas xeomagnéticas severas que permitiron que en...

Lembranza e denuncia un ano despois do incendio mortal en Vigo

Ao redor de cincuenta persoas participaron nun acto organizado polo colectivo 'Vos Ninguéns' en...