InicioSociedadeCaballero denuncia o “mal funcionamento” do transporte escolar en Vigo e reclama...

Caballero denuncia o “mal funcionamento” do transporte escolar en Vigo e reclama máis profesorado

O alcalde faise eco das queixas das familias por falta de docentes e persoal de apoio, mentres Foanpas convoca unha protesta e o BNG esixe á Xunta recuperar unha praza no EEI Vila Laura.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, lamentou o “mal funcionamento” do transporte escolar este curso e reclamou ao tempo máis profesorado para os centros da cidade. Nun audio remitido aos medios de comunicación, o rexedor fíxose eco das queixas recibidas por parte de nais e pais de alumnado vigués, que critican a falta de persoal docente en moitos centros e de profesorado de apoio para as crianzas con necesidades especiais.

Caballero referiuse tamén ás “deficiencias importantes” que sofren algunhas instalacións, con problemas en ventás, cubertas ou teitos. “A Xunta non atende as necesidades da educación na cidade”, sentenciou. Todo isto despois de que a Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de centros escolares de Vigo (Foanpas) denunciase “carencias de profesorado” e “caos” no transporte escolar neste inicio de curso, insistindo tamén na necesidade de melloras nos centros educativos.

A asociación convocou para mañá venres ás 08.45 horas unha concentración no EEI Vila Laura en protesta pola situación que vive o centro. Precisamente este xoves o BNG de Vigo, nun comunicado, esixiulle á Xunta que “rectifique de inmediato” o “recorte” dunha docente de apoio no devandito centro educativo da cidade.

A deputada Alexandra Fernández acusou o Goberno galego de “mentir” ás familias tras comprometer a recuperación desta profesional “para dicir agora que non a precisan”. “É un exemplo máis da política de desmantelamento deliberado do ensino público por parte do PP”, apostilou o portavoz do Bloque en Vigo, Xabier Pérez Igrexas.

ÚLTIMAS

Empregados de Vitrasa denuncian a “imposibilidade” de cumprir os “obsoletos” horarios que xeran “atrasos” en buses, especialmente durante o Nadal

O comité de empresa de Vitrasa, a concesionaria do transporte urbano de Vigo, denunciou...

Abel Caballero di que Vigo “arrastrará” a Xunta e deputación para que a cidade “sexa mundialista”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, afirmou este luns que Vigo será mundialista porque...

Carmela Silva (PSdeG) critica ao PP porque “nunca confiou nin axudou” a Vigo

A candidata do PSdeG ao Senado pola provincia de Pontevedra e primeira tenente de...

José Couñago encabezará a candidatura socialista á Alcaldía de Mos nas eleccións locais de 2027

José Couñago encabezará a candidatura do PSdeG-PSOE á Alcaldía de Mos nas próximas eleccións...