InicioSociedadeBaixan os casos en Vigo pero aumentan os ingresados nas UCI

Baixan os casos en Vigo pero aumentan os ingresados nas UCI

Hai tres novos hospitalizados e dous novos ingresos na UCI.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O número de positivos novos diarios mantense en Galicia por entiba dos 400 por cuarta xornada consecutiva, mentres que tamén segue en aumento a presión hospitalaria, con nove ingresados máis dos que había hai 24 horas. Así se desprende dos datos publicados pola Consellería de Sanidade, con cifras ata as 18,00 horas do venres, que reflicten que ata ese momento detectáronse 412 casos de covid-19 en 24 horas, 29 menos que na xornada anterior.

Tamén continúa á alza o total de casos activos, pois se suman 56 máis este sábado, o que deixa o cómputo en 5.833. Ademais, Galicia rexistrou na última xornada a segunda taxa de positividade máis alta da segunda onda da pandemia cun 10,6% de casos de coronavirus detectados nas 4.429 probas PCR practicadas (2.508 menos que o día anterior).

Uns datos que tamén se refliecten na área sanitaria de Vigo, onde hai 52 persoas ingresadas con coronavirus (3 máis), con 11 en críticos (dous máis). En canto a novos casos, foron Vigo foron descubertos 65 (45 menos).

CASOS ACTIVOS

En relación aos casos activos en Galicia –persoas que manteñen a infección por covid-19–, a cifra continúa incrementándose e sobe en 56 ata os 5.833. Durante o último día, as áreas co maior número de pacientes con enfermidade activa foron Santiago e O Barbanza, que acumula 1.356 (+10), e Vigo, que rexistra 1.175 (-6).

ÚLTIMAS

The Corrs actuarán en Vigo o 11 de agosto en Castrelos

A banda irlandesa The Corrs actuará no auditorio de Castrelos de Vigo o próximo...

O PP e o BNG de Vigo esixen mobilizar 60 millóns de remanentes para vivenda e servizos sociais

O Partido Popular e o BNG de Vigo coincidiron este mércores en demandar unha...

O Xuíz pide á Policía Local todos os informes sobre intervencións na atracción Saltamontes en Coia e Balaídos “en anos anteriores”

O tribunal de instancia, sección de instrución, praza 3 de Vigo, que investiga o...

Rueda presenta en Vigo 172 vivendas protexidas e 37,2 millóns de investimento

A Xunta licitou a construción dun novo edificio na ampliación do barrio vigués de...