InicioSociedadeVigo lidera o crecemento de casos covid en Galicia en pleno Nadal

Vigo lidera o crecemento de casos covid en Galicia en pleno Nadal

Baixan os hospitalizados.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O número de novos positivos por coronavirus detectados en Galicia por PCR creceu en case un cento, ata os 394, nunha xornada na que as unidades de coidados intensivos (UCI) tamén sufriron un aumento da presión, cun total de 51 pacientes covid. E Vigo é a área, xunto con Santiago, na que máis crecen os casos.

Así se desprende da actualización dos datos da pandemia publicada na mañá deste xoves de Noiteboa na páxina web da Consellería de Sanidade, con cifras recollidas ata as 18,00 horas do martes.

Galicia sumou 394 novos positivos por coronavirus nun día, 95 máis que nas 24 horas previas. Iso si, as PCR realizadas foron 10.613, un aumento de 1.237 con respecto á xornada previa. Os datos de Sanidade volven sinalar a Vigo como a área sanitaria que reporta máis contaxios, con 111 –29 máis–. En segundo lugar atópase Santiago-Barbanza, que supera xa o cento e notifica 103 infeccións novas –42 máis que o día anterior–.

A pesar do aumento nas UCI, con tres persoas máis que un día atrás, a cifra total de pacientes hospitalizados na Comunidade galega descendeu ata o 337 –catro menos que hai un día–, tendo en conta que 286 atópanse en planta –sete menos–. Neste sentido, a área de Vigo experimentou unha baixada de dúas ata situarse nas 65 persoas ingresadas por coronavirus, 11 delas –sen variacións– en UCI.

ÚLTIMAS

Nin a choiva nin os fallos técnicos puideron vencer a un Caballero que volveu acender o Nadal “no mundo enteiro”

A choiva caía con forza sobre Vigo, unha desas treboadas que semellan querer adiar...

Protesta en Vigo pola supresión do AVE en Sanabria: “Non o imos aceptar”

Medio centenar de veciños de Sanabria (Zamora) concentráronse este sábado en Vigo para protestar...

A Xunta urxe a Caballero a abordar as válvulas danadas da presa de Eiras

A Xunta de Galicia reiterou ao alcalde de Vigo, Abel Caballero, a urxencia de...

Detidos dous veciños de Salamanca por estafa en compras ‘online’

O equipo de investigación tecnolóxica da Unidade Orgánica de Policía Xudicial da Garda Civil...