InicioMedio Ambiente e PatrimonioBNG pide ao Goberno a anulación da avaliación ambiental da delimitación de...

BNG pide ao Goberno a anulación da avaliación ambiental da delimitación de espazos e usos do Porto de Vigo

O BNG presentou unha PNL no Congreso co obxectivo de iniciar "un proceso de avaliación ambiental de carácter ordinario" que permita "un estudo máis profundo" e "unha maior participación social" para o desenvolvemento do proxecto.

PUBLICADO O

O BNG rexistrou unha Proposición Non de Lei (PNL) no Congreso para instar o Goberno a anular a avaliación ambiental estratéxica simplificada do proxecto de Delimitación de Espazos e Usos Portuarios do Porto de Vigo (DEUP).

Segundo trasladou a formación, o obxectivo é que se inicie “un proceso de avaliación ambiental de carácter ordinario” que permita “un estudo máis profundo” e “unha maior participación social“, xa que o proceso de consulta pública da avaliación ambiental estratéxica simplificada da DEUP, promovido polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e que concluíu este martes, “coarta a capacidade de moitas entidades sociais” e mesmo particulares para trasladar alegacións.

Por iso, defendeu a posta en marcha dunha avaliación ambiental estratéxica ordinaria que “permita recoller un maior número achegas” para configurar unha DEUP “máis respectuosa coa contorna natural marítimo-terrestre da ría de Vigo”.

Ademais, o Bloque lembrou na iniciativa que unha sentenza obrigou á Autoridade Portuaria de Vigo a reelaborar a nova proposta de DEUP debido a que carecía da avaliación ambiental estratéxica.

AMPLIACIÓN DA TERMINAL

A este respecto, a formación sinalou que a PNL contempla a ampliación da terminal de Bouzas, xa que a superficie de augas do Porto “invade zonas correspondentes á Rede Natura 2000”, que “deben ser excluídas da xurisdición portuaria”.

Por outra banda, o concelleiro do BNG, Iglesias, chamou a apostar polo desenvolvemento da Plisan e a súa conexión infraestructural e pediu que se vele pola exclusión do uso da superficie portuaria para “actividades potencialmente contaminantes”.

ALEGACIÓNS DUNHA ASOCIACIÓN VECIÑAL

Por outra banda, a asociación veciñal Bouzas-Móvete presentou 67 alegacións ao proxecto da DEUP, o que supón “unha impugnación á totalidade“, en base a “principios de sustentabilidade económica, ambiental e social”, así como “da racionalidade que debería estar presente de principio a fin nun documento deste tipo”.

A entidade reclamou a retirada do borrador “pola súa ilegalidade, o seu desfasamento coa realidade económica actual, o seu alto e crítico impacto ambiental, a súa falta de xustificación e a súa inviabilidade”. En resumo, “pola súa irracionalidade a nivel económico, territorial e ambiental”.

ÚLTIMAS

Estudantes de Vigo e Monforte álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presenta a súa renuncia para centrarse na súa actividade no Congreso

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presentou este venres a súa renuncia...

O BNG promete ser “a primeira liña de defensa” de Vigo no Parlamento galego, fronte ao “abandono” da Xunta

O BNG trasladou este venres o seu compromiso de ser "a primeira liña de...

O TSXG confirma a sentenza dun xulgado de Vigo que declaraba legal a prórroga do servizo municipal de auga

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza ditada en 2022...