InicioSociedadePortugal limitará o acceso ao seu territorio baixo pena de multa se...

Portugal limitará o acceso ao seu territorio baixo pena de multa se a causa non é xustificada

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Conselho de Ministros portugués publicou un comunicado de novas medidas de restrición na movilidade dentro do seu territorio nacional, que afecta tamén aos cidadáns españois.

En prevision das aglomeracions polas festividades do Día de Defuntos e de Todos os Santos o goberno luso prohibiu o tránsito entre concellos. Esta limitacion afectaria tamén aos cidadáns transfonteirizos que so poderán cruzar a fronteira por: “traballo, asistencia sanitaria ou estudos”.

A resolución aprobada determina a prohibición de circulación entre distintos concellos do territorio continental portugués no período entre as 00h00 do 30 de outubro e as 23h59 do día 3 de novembro, e que define un conxunto de medidas especiais aplicables aos concellos de Felgueiras (Porto), Lousada (Porto) e Paços de Ferreira (Porto) no ámbito do estado de alarma decorrente da pandemia da doenza COVID-19.

As fronterias non pecharán pero o tránsito estará limitado

«Os non residentes en Portugal deberán vir única e exclusivamente para este cadro de circulación autorizado: traballo, asistencia sanitaria ou estudos» ministro de Administración Interna Eduardo Cabrita que aclarou que «as fronteiras terrestres con España non van pecharse a fin de semana».

Obrigatorio uso de máscara na vía pública

O goberno luso aprobou tamen a obrigatoriedade do uso de máscara en espazos públicos.

É obrigatorio o uso de máscara por persoas con idade a partir dos 10 anos para o acceso, circulación ou permanencia nos espazos e vías públicas sempre que o distanciamento físico recomendado polas autoridades de saúde se mostre impraticável.

O Consello de Ministros aprobou tamén o decreto que declara o día 2 de novembro como día de loito nacional en homenaxe a todos os falecidos, en especial ás vítimas da pandemia pola COVID-19.

ÚLTIMAS

Arde un prototipo creado por estudantes na Escola de Enxeñaría Industrial de Vigo

Un incendio nun garaxe anexo da Escola de Enxeñaría Industrial de Vigo, no campus...

Disputa familiar nas redes sociais mobiliza ás forzas de seguridade

A Garda Civil investiga a unha decena de persoas das zonas de Vigo e...

Falece Seve, figura esencial da cultura popular e musical do Porriño e comarca

A comarca do Condado e da Louriña amenceu hoxe envolta nunha fonda tristura tras...

Un home de 67 anos, ferido grave tras ser atropelado por un bus urbano

Un home, M.Z.A. de 67 anos de idade, resultou ferido grave na tarde deste...