InicioSociedadeA Federación Veciñal de Vigo: "O novo modelo tarifario da auga é...

A Federación Veciñal de Vigo: “O novo modelo tarifario da auga é un engano e un atraco”

O grupo municipal do PP pide ao goberno local que rectifique o "tarifazo", que fará "pagar máis" aos veciños

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Federación de Asociacións Veciñais ‘Eduardo Chao’ (Favec) de Vigo denunciou este martes que o novo modelo de tarifas do servizo de abastecemento e saneamento anunciado polo alcalde, Abel Caballero, é en realidade “un engano” e “un atraco”, porque os recibos acabarán sendo máis caros.

Así o trasladou en rolda de prensa a presidenta da Favec, María Pérez, quen lembrou que o movemento veciñal leva “anos” demandando que se cobre a auga por consumo e que, de feito, levou o sistema tarifario aos tribunais, que lles deron a razón.

No entanto, o anuncio do goberno local de que modificará o modo de cobrar (obrigado pola normativa autonómica e europea) non contentou á Federación. A ese respecto, María Pérez sinalou que, co novo sistema, aínda que deixe de haber un custo mínimo por consumo, a cota fixa do recibo multiplícase por catro. “Quéresenos enganar dicindo que se vai a pagar menos, pero imos pagar o mesmo ou máis”, constatou.

CRÍTICAS DO PP

Por outra banda, o grupo municipal do PP reiterou este martes en rolda de prensa as súas críticas ao novo sistema anunciado polo alcalde, ao que pediu que “rectifique” e “reconsidere o tarifazo” do recibo da auga (que entra en vigor o ano que vén).

Segundo apuntou o portavoz ‘popular’, Alfonso Marnotes, “a auga vai subir de prezo o ano que vén para a maior parte das familias viguesas” e o cambio de modelo “non é bo para ninguén, só para a empresa”.

Marnotes tamén lembrou que a actual concesión do servizo, que presta Aqualia, atópase en situación de prórroga (que acaba a finais deste ano) e que dita prórroga concedeuse vinculada a un plan de investimentos por máis de 40 millóns de euros e que “debe xustificarse ata o último céntimo”.

Finalmente, sobre a necesidade, recollida nun informe técnico municipal, de investir 100 millóns de euros no ciclo integral da auga na próxima década (para mellorar ou renovar instalacións, rede de sumidoiros, depuración, potabilización, etc.), Marnotes expresou as súas sospeitas de que as actuacións se fagan con cargo á subida de tarifa e que “sexan a coartada para unha nova prórroga”.

ÚLTIMAS

Piden 13 anos para un adestrador por supostos abusos a unha xogadora menor de idade en Vigo

Un adestrador de fútbol feminino enfróntase a penas que suman 13 anos de prisión, como...

Caballero denuncia a discriminación da Xunta a Vigo mentres “quere que quedemos calados”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, respondeu este mércores á "man tendida" e á...

Multa de 100 millons a Stellantis polo fraude no cártel de reciclaxe

Volkswagen, Stellantis e outros fabricantes de coches foron multados con 458 millóns de euros...

Petición de catro anos de cárcere para unha muller por ameazar cunha pistola a un coñecido en Vigo

A Fiscalía pide 4 anos e 1 mes de prisión para unha muller acusada...