InicioSociedadeAs Anpas viguesas acusan á Xunta de obrigar ás familias a "elixir...

As Anpas viguesas acusan á Xunta de obrigar ás familias a “elixir entre educación e saúde”

"Os nosos fillos non son cobaias. Esta é unha situación moi triste e igual temos que tomar outras iniciativas que non van ser agradables", anticiparon desde as ANPAS viguesas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Federación Olívica de Anpas, FOANPAS, acusou este venres á Xunta de obrigar ás familias para “elixir entre educación e saúde”, ao non garantir protocolos claros e individuais para cada centro para a volta ás aulas, e constataron que a administración mirou ” para outro lado” e fixo “oídos xordos” ás súas reclamacións.

Nunha rolda de prensa celebrada en Vigo, varios representantes de Anpas da cidade, así como da propia Federación, trasladaron o seu malestar porque, cumprido o prazo que lle daban á Consellería de Educación, esta non respondeu ás súas demandas de que cada centro teña os recursos necesarios para adaptarse á pandemia, de dotar aos colexios de persoal de enfermería, ou de superevisar para cada un deles un protocolo de seguridade sanitaria que atenda ás súas especificidades.

A ese respecto, ratificaron o ‘plante’ dos servizos chamados complementarios, como son a xestión das aulas matinais, os comedores e actividades extraescolares, e volveron a insistir en que eses servizos, que “deben considerarse educativos”, son responsabilidade da Xunta, aínda que esta non os asuma.

“Non podemos aceptar que nos obriguen a elixir entre a educación e a saúde dos nosos fillos. Non lles importa a presión de non poder conciliar, ou que haxa xente, como os monitores destes servizos, que se van a quedar sen traballar“, lamentou Pedro Castañón, do Anpa do CEIP Escultor Acuña.

As Anpas tamén denunciaron que a administración galega ha establecido un protocolo “co que non están de acordo nin os que o fixeron” e constatou que, coas medidas propostas, “non haberá diferenzas entre unha aula agora e unha de antes da pandemia”, segundo sinalou Teresa Carballo, do CEIP Castelao.

Na mesma liña pronunciáronse as representantes das Anpas dos colexios Ría de Vigo e Paraixal que, tras lamentar que a administración mirou ” para outro lado” en lugar de escoitar ás familias, acusaron á Xunta de pretender “descargar toda a responsabilidade” do que poida ocorrer nos servizos complementarios sobre as Anpas. “Non a imos a asumir, non aceptamos experimentos, non aceptamos o de ‘empezar a ver como vai'”, advertiu Rute Pallarés.

VOLTA EN CONDICIÓNS DIGNAS

A portavoz de Foanpas, Bertila Fernández, subliñou que os nenos “ten que volver ás aulas en condicións dignas”, e instou á administración para poñer os recursos necesarios para que haxa máis espazos, máis profesores e todo o material preciso.

“Os nosos fillos non son cobaias. Esta é unha situación moi triste e igual temos que tomar outras iniciativas que non van ser agradables”, anticipou.

Pola súa banda, o presidente da Federación, Miguel Álvarez, sinalou que as Anpas apostan por unha volta a clase plenamente presencial, e con todas as garantías, á vez que criticou a “propaganda” do goberno galego, con visitas a colexios, cando o que subxace é unha gran “provisionalidade”. “A administración debería anticiparse. Teñen que ‘poñer as pilas’ porque as familias viven unha gran incerteza”, sentenciou.

ÚLTIMAS

A Policía de Vigo mantén abertas todas as liñas de investigación polo incendio dun edificio en Cesáreo González

A Policía Nacional de Vigo investiga "con todas as liñas abertas" o incendio ocorrido...

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...