InicioSociedadeFeijóo sobre o peche dunha planta de pediatría no Cunqueiro: "O que...

Feijóo sobre o peche dunha planta de pediatría no Cunqueiro: “O que se fai nos hospitais ten unha resposta e unha xustificación”

PUBLICADO O

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, dixo este venres que “non ten noticia” de que se vaia pechar unha planta de pediatría do hospital de Vigo, tal e como denunciou CIG-Saúde este mércores e que criticaron duramente o goberno municipal socialista e grupos como o BNG ou Marea.

“Non teño noticia diso pero o que se fai nos hospitais sempre ten unha resposta e unha xustificación“, precisou Feijóo ao ser preguntado por Xornal de Vigo. Non entanto, e fronte as críticas dos colectivos sanitarios de peches de servizos e recurtes en persoal, asegurou que nestes últimos meses o Sergas contratou a máis de 1.700 persoas “para loitar contra a Covid”.

Supoño que este verán ninguén discutirá que non temos xente traballando. O que ocurre é que cando baixa a programación por vacacións do persoal non hai intención de disminuir o traballo. Máis ben o contrario. Este verán, de feito, faremos máis actividade que os anos anteriores porque temos máis camas libres e temos que ir retomando a actividade programada”, indicou.

En todo caso, xustificou que se tarde máis en retomar a actividade sanitaria porque “é complicado porque agora hai que contrastar con pcr a todas as persoas e iso leva tempo e algunha estadía por riba das anteriores”.

CRÍTICAS

CIG-Saúde denunciou o mércores que a xerencia da área hospitalaria de Vigo decidira pechar unha planta de pediatría sen previo aviso. Unha decisión que foi comunicada á ultima hora do martes, “tan só un día antes da súa posta en marcha”, xa que se fixo efectiva este mesmo mércores, e só foi tras as protestas do persoal que se trasladou información á representación sindical sobre a reorganización da unidade.

Para a CIG-Saúde de Vigo esta medida supón “unha falta de respecto ao persoal do servizo xa que non se lle informou coa suficiente antelación, provocando un gran malestar pola incerteza creada, tanto no aspecto organizativo do servizo como na súa vida persoal”.

ÚLTIMAS

Chega aos Play Doc ‘Salvaxe, Salvaxe’ un filme ecoloxista galego premiado en Málaga

O filme galego ‘Salvaxe, Salvaxe’ chega a Galicia este mes de maio, despois de...

Encontrado o cadáver dunha muller dentro dun coche aparcado nun parking de Samil

O cadáver dunha muller foi achado dentro dun coche que estaba aparcado nun parking...

A oposición viguesa denuncia que Caballero veta o pronunciamento da Corporación sobre a saída sur e o AVE a Porto

Os grupos da oposición no Concello de Vigo denunciaron este mércores que o goberno...

Saen de prisión os tripulantes do MV Karar coa obrigación de comparecer quincenalmente

Os 14 tripulantes do MV Karar, interceptado en abril de 2020 cando navegaba cara...