InicioSociedadeOs menores de 10 anos, os máis vulnerables á radiación UV

Os menores de 10 anos, os máis vulnerables á radiación UV

PUBLICADO O

Especialistas en oftalmoloxía de Grupo IHP avisaron de que o cristalino dos nenos menores de 10 anos deixa pasar máis do 75 por cento da radiación ultravioleta ( UV), fronte ao 10 por cento aos 30 anos.

Por este motivo, os expertos recomendaron que os máis pequenos utilicen lentes de sol homolagadas, xa que o filtro do cristalino non termina de desenvolverse ata os 12 anos, polo que todo o que a córnea non filtra termina pasando á retina.

E é que, tal e como detallaron, o uso frecuente de lentes de sol homologadas e a adopción duns hábitos de exposición solar saudables e preventivos na infancia ata, polo menos, os 16 anos de idade, son imprescindibles e poden reducir as posibilidades e os riscos de sufrir danos a longo prazo, como lesións corneales e conjuntivales, dexeneracións de retina, cataratas prematuras e alteracións oculares que afecten á visión permanentemente.

No verán os nenos están máis expostos a estímulos potencialmente daniños para os ollos, como a sequedade derivada do uso continuado de aparellos con pantalla electrónica, os químicos e nitratos das piscinas ou as partículas de po e area no aire“, dixo a oftalmóloga de Grupo IHP, Gracia Pena.

ÚLTIMAS

Diagnostican no Vithas Vigo un raro caso de apendicitis esquerda

O Servizo de Urxencias do Hospital Vithas Vigo diagnosticou un "raro caso de apendicitis esquerda"...

Outra parada da produción de Stellantis Vigo por falta de pezas

A factoría viguesa do grupo automobilístico Stellantis deterá parte da súa produción na quenda de...

O BNG critica que o Concello “bote á rúa sen alternativa” a 10 sobreviventes do incendio de Alfonso X

O BNG de Vigo criticou este martes que o Concello "bote á rúa sen alternativa" a...

Suspenden a folga de ambulancias prevista en Vigo, Cangas e Moaña para xoves e venres

Os sindicatos CIG, CCOO, USO e FS-TES acordaron suspender a folga na empresa concesionaria...