InicioSociedadeAbren con vixilantes os parques infantís en Vigo tres meses despois do...

Abren con vixilantes os parques infantís en Vigo tres meses despois do seu peche pola COVID-19

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Vigo abrirá, a partir deste sábado, os 142 parques infantís da cidade, con horario de 10,00 a 22,00 horas, e cun servizo de vixiantes que “rotarán” por varios espazos para controlar o aforamento das instalacións.

Abel Caballero lembrou esta semana que a apertura non se produciu antes porque a Xunta “non avisou” con antelación para telo todo preparado.

O Concello contratou por 356.000 euros un servizo de 7 vixiantes durante 3 meses para (con apoio da Policía Local) controlar o aforamento. No caso de que se supere, os vixiantes están facultados para pechar os parques e impedir que entren máis nenos, e non se descarta ampliar os efectivos dese servizo de vixilancia.

A partir do domingo, abriranse tamén, co mesmo horario, os 68 parques biosaludables e, xa o luns, as 95 pistas deportivas ao aire libre. Así mesmo, o Concello contratou un servizo de desinfección dos aseos da praia de Samil.

O alcalde avanzou tamén a reapertura do edificio principal de Vigozoo (con uso obrigatorio de máscara, sentidos únicos de circulación para os visitantes, distancia social,…) e a continuación dos mercadillos: este domingo o de Bouzas e o vindeiro mércores o de Coia.

Finalmente, Abel Caballero anunciou que, desde o martes 23 de xuño, a Praza de Compostela será espazo peonil permanente. Así, o tráfico quedará restrinxido a residentes e garaxes, e a transporte público.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...