InicioSociedadeSen cambios nos casos de COVID en Vigo que se mantén como...

Sen cambios nos casos de COVID en Vigo que se mantén como a zona con máis contaxiados

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os casos activos de COVID-19 en Galicia baixaron ata os 348, tras rexistrarsa o alta epidemiolóxica de 3 persoas que estaban en seguimento domiciliario –ningún en Vigo– polo que o número de curados ascende a 10.489, segundo os datos trasladados este luns pola Consellería de Sanidade.

Así, do total de casos, a maior parte están en Vigo e na Coruña. Así, na primeira hai 140 casos e 108 na da Coruña, outros 34 coa área de Santiago, 26 son da área de Ourense, 20 da área de Lugo, 12 da área de Ferrol e 8 correspóndense coa área sanitaria de Pontevedra.

Por outra banda, hai 8 persoas con COVID que permanecen ingresadas en unidades convencionais de hospitalización (non hai casos activos en UCI), e hai 340 casos en seguimento domiciliario, tres menos que hai un día.

Con respecto ás persoas curadas, nas últimas horas rexistráronse esas tres altas epidemiolóxicas (unha na área da Coruña, outra en Lugo e outra en Ourense), polo que o total de altas ascende a 10.489. Así mesmo, Sanidade informou da realización doutros 778 test, e o total de PCR subiu ata as 159.102.

Desde o inicio da pandemia faleceron en Galicia 619 persoas con COVID-19, e a última vítima foi notificada o pasado 10 de xuño: un home de 83 anos de idade que estaba ingresado no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo. Do total de falecidos, 274 persoas estaban vinculadas con residencias (delas, 132 morreron no propios centro xeriátricos), o que supón un 44,26 % do total de falecidos na comunidade.

ÚLTIMAS

O PP reprocha a Caballero que presuma de “potencia turística”

A presidenta do PP de Vigo e portavoz municipal 'popular', Luisa Sánchez, reprochou este...

A CIG convoca folga do Metal de Pontevedra para o 7 de maio pola falta de avances no novo convenio

O sindicato CIG avanzou este martes a convocatoria de folga no sector do Metal...

O Sergas garante asistencia a quen deixe Povisa e escolla o Cunqueiro

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, subliñou que se “dará resposta” ás necesidades...

O BNG carga contra Concello e Xunta polo desaloxo de Beiramar: “Máis de vinte persoas seguen na rúa”

O BNG de Vigo denunciou este martes que, unha semana despois do desaloxo da...