InicioSociedadeFeijóo non comenta a decisión de Portugal de manter pechadas as fronteiras

Feijóo non comenta a decisión de Portugal de manter pechadas as fronteiras

Feijóo mostrou a súa "preocupación" coa reapertura o próximo 21 de xuño das fronteiras do espazo Schengen --agás con Portugal-- e entre as propias comunidades autónomas, ante a "ausencia" de lexislación sanitaria específica e dun plan único estatal fronte a rebrotes.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, insistiu este domingo en pedir “reformas legais” en materia sanitaria, de modo que se habilite ao Goberno central a poder restrinxir a mobilidade nun determinado territorio de España que presente un rebrote de COVID-19. Con todo, tamén recoñeceu que a Xunta pode pedirlle a un xuíz o peche dun concello ou dunha provincia no caso de rebrote.

Na rolda de prensa posterior á décimo cuarta videoconferencia co xefe do Executivo estatal, Pedro Sánchez, e o resto de líderes autonómicos, Feijóo mostrou a súa “preocupación” coa reapertura o próximo 21 de xuño das fronteiras do espazo Schengen –agás con Portugal– e entre as propias comunidades que conforman España, ante a “ausencia” de lexislación sanitaria específica e dun plan único estatal fronte a rebrotes.

“Volvinlle a insistir ao presidente que é imprescindible dotarnos de capacidade legal para actuar en caso de rebrotes localizados. Imaxinemos un rebrote nun territorio, un municipio, unha cidade. Non será máis lóxico, máis responsable e máis útil para poder acoutar e regular a circulación nestas zonas en lugar de non facer nada para impedir a propagación do virus?”, preguntouse.

Por iso, mencionou a Lei Orgánica de Saúde Pública e suxeriu “engadir un artigo” que permita ao Executivo adoptar estas medidas. “Non deberiamos iniciar períodos de vacacións parlamentarias sen facer esa modificación legal”, engadiu.

PODE PEDIR PECHAR ZONAS

E é que, a horas de que Galicia se converta na primeira comunidade en abandonar o estado de alarma e en entrar na nova normalidade, Feijóo explicou que a Xunta pode pedirlle a un xuíz o peche de localidades, ou mesmo provincias, ante un novo brote de coronavirus.

“As autonomias si podemos pechar un concello pero non unha autovía, porto ou aroporto”, dixo para xustificar ese plan de rebrote ao Goberno central. “Podemos pechar un concello se temos autorización xudicial e logo pedir a colaboración das forzas de seguridade do Estado. Pero as autonomías non temos competencias de pechar infraestruturas do Estado, nin para pechar a autonomía”, dixo.

ÚLTIMAS

As familias de Vila Laura volven protestar en Vigo: “Estamos a pedir persoas para atender a persoas”

As familias da Escola de Educación Infantil Vila Laura de Vigo volveron concentrarse este...

Vigo elixirá entre 19 propostas a estatua de Iago Aspas, que custará 280.000 euros

O xurado do concurso de ideas para o deseño e realización dunha estatua do...

O Peugeot 2008 ‘made in Vigo’ sitúase entre os modelos máis vendidos en España no que vai de ano

O Peugeot 2008, fabricado na planta viguesa de Stellantis, situouse na lista dos 10...

“Unha viaxe a Brobdingnag”, a particular cartografía da cultura viguesa en máis de 200 retratos

A Asociación Cultural Évame Oroza inaugura o vindeiro venres, 2 de outubro, ás 20.00...