InicioSociedadeA área saniaria da Coruña adianta á de Vigo en número de...

A área saniaria da Coruña adianta á de Vigo en número de casos de Coronavirus

PUBLICADO O

- Advertisement -

A cifra de casos activos de coronavirus en Galicia baixou do milleiro por primeira vez en dous meses, situándose en 990 persoas, segundo os datos trasladados este xoves pola Consellería de Sanidade, que tamén informou de descensos no número de persoas hospitalizadas e no de casos con seguimento a domicilio.

Así, dos 990 casos activos, 273 correspóndense coa área sanitaria da Coruña, 252 son da área de Vigo, 161 da área de Santiago, 160 da área sanitaria de Ourense, 63 da área de Lugo, 50 da área de Pontevedra e 31 da área sanitaria de Ferrol.

Así mesmo, hai 85 persoas hospitalizadas, das que 13 permanecen en Unidades de Coidados Intensivos (UCI), tres menos que as notificadas hai un día; e 72 pacientes en unidades convencionais de hospitalización (7 menos).

Por outra banda, 905 persoas con coronavirus recupéranse nos seus domicilios (63 menos que este mércores) e o número de persoas curadas do virus ascende a 9.505, 94 máis que nas últimas horas. Finalmente, Sanidade informou tamén da realización de 1.568 probas PCR máis, co que o total de probas realizadas en Galicia ascende a 130.424.

ÚLTIMAS

O histórico Teatro Fraga de Vigo volverá á vida: case 20 millóns de euros para unha reforma que comezará en 2027

O Consello da Xunta autorizou este luns a licitación das obras de restauración do...

“O sábado foi un día histórico en Vigo”, di Caballero

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou este luns que a ocupación hoteleira na...

Abanca estrea as súas novas instalacións corporativas en Vigo cun investimento que supera os 25 millóns de euros

Abanca estreou este luns, 16 de novembro, as súas novas instalacións corporativas en Vigo,...

O Nadal de Vigo publicitarase en Londres, París, Nova York e Lisboa

O Concello de Vigo despregou a súa habitual campaña publicitaria a través de mupis...