InicioSociedadeContinúa a traxedia na residencia de Aldán: Xa hai cinco maiores mortos...

Continúa a traxedia na residencia de Aldán: Xa hai cinco maiores mortos e o 60% está contaxiado

PUBLICADO O

- Advertisement -

DomusVi Aldán, en Cangas, é hoxe por hoxe o maior foco de coronavirus nunha residencia de anciáns en Galicia. Hai 125 casos de contaxio, 108 usuarios e 17 traballadores, o que representa máis do 65% do persoal deste centro. E, o máis dramático, cinco mortes nun día, dous deles no propio centro.

Os traballadores denuncian a situación “insostible e dramática” que se está vivindo na residencia. O pasado xoves, 26 de marzo, producíronse os primeiros 4 casos positivos e cinco días despois xa son 118. Ata ese momento, os traballadores só dispoñían de máscaras de tea doadas por particulares directamente aos compañeiros, que reciclan despois da súa limpeza.

Tras coñecerse este luns a dramática situación do centro recibiron algunha máscara de protección pero seguen sen ter lentes, traxes impermeables ou máscaras FPP. “Á habitual falta de persoal nos centros pertencentes a DomusVi, que incumpre sistematicamente as cocientes mínimas de presenzas para aforrar custos, agora debe engadirse que moitas compañeiras atópanse en corentena ou de baixa médica”, denuncian os traballadores nun comunicado.

Hai un largo etcétera de denuncias. A empresa de Cátering négase a subir a comida ás habitacións, un traballo que asumen as limpadoras cos escasos medios que contan. Dúas limpadoras renunciaron ao contrato porque non podían máis, unha xerocultora/auxiliar de enfermería que comezou o luns, tamén renunciou ao decatarse do elevado número de positivos e carecer das mínimas condicións de seguridade laboral. “Denunciamos tamén a ocultación de información por parte das direccións dos centros e dos servizos centrais respecto a os casos de Covid-19”, critican.

FALTA MATERIAL

Nunca hai material suficiente para traballar, os contratos e condicións laborais son máis que precarios, traballando en moitos casos ata 10 días sen descanso, incumprindo a empresa o convenio colectivo regulador das relacións laborais e mesmo os acordos alcanzados cos comités de empresa das distintas residencias”, engaden.

Francisco Xosé Bernárdez Solla, portavoz de Vellez Digna e da Federación Rede, confirma estas denuncias e vai máis alá. “Non hai palabras para agradecerlle aos traballadores o que están facendo polos maiores”, destaca en declaracións a Xornal de Vigo.

Agora, o que piden, é que se lles dote de material e medios suficientes e que haxa unha organización “como é debido”. O centro será intervido pola Xunta como centro de referencia. Por iso, agarda que o Sergas ille ben aos internos e dote o centro de novo persoal. De feito, xa presentaron unha denuncia na fiscalía para evitar que sigan morrendo máis internos. “Isto é un tema doloroso. Estamos falando de persoas, dos nosos maiores”, asegura.

ÚLTIMAS

A Xunta di que o contrato con Povisa está pendente “dos últimos matices” para que a empresa se presente

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, explicou este xoves que o contrato de...

Stellantis Vigo é competitiva, segundo o número dous do grupo industrial

Os sindicatos do comité de empresa da factoría de Stellantis en Vigo trasladaron este...

O Concello de Vigo asume os custos pola perda de axudas ao bus urbano

O Concello de Vigo asumirá os custos da perda de axudas ao transporte urbano...

As obras do hospital de día do Chuvi finalizarán antes do verán

As obras de ampliación do hospital de día do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo...