InicioSociedadeTui ten catro contaxiados por coronavirus

Tui ten catro contaxiados por coronavirus

PUBLICADO O

- Advertisement -

As autoridades sanitarias veñen de confirmar ao concello de Tui que catro persoas veciñas do municipio deron positivo no test do Coronavirus. Estas catro persoas están illadas nos seus domicilios onde se adoptaron as pertinentes medidas de seguridade.

Neste sentido, o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, quere transmitir unha mensaxe de tranquilidade á poboación e informar que o Concello ponse a disposición das autoridades sanitarias para tomar as medidas oportunas. Ao tempo, o rexedor, fai un chamamento “á responsabilidade e prudencia da poboación para que continúe a respectar as medidas establecidas no Estado de Alarma”.

Dende a Policía Local, conxuntamente con outros corpos e forzas de seguridade coma a Garda Civil, a Policía Nacional, ou na fin de semana unha unidade da BRILAT, estableceuse un sistema de vixilancia e información á poboación lembrando que deben permanecer nos seus domicilios, agás para facer a compra, ir á farmacia ou a un centro médico, ou pasear o can o tempo estritamente necesario nas inmediacións do seu domicilio.

Até o de agora a Policía Local trasladou xa catro denuncias ante a Subdelegación do Goberno por incumprimento da obriga de quedar na casa.

Lembran dende o concello de Tui que dende a semana pasada estase a levar a cabo diariamente a desinfección de espazos públicos coma as entradas ao Centro de Saúde, farmacias, supermercados, edificio xudicial, casa do concello, instalacións da policía local… así coma os contedores nas rúas.

ÚLTIMAS

Flor Baena reclama ao Concello de Vigo unha homenaxe oficial ao seu irmán Xosé Humberto

Flor Baena, irmá do vigués Xosé Humberto Baena Alonso, reclamou ao Concello de Vigo...

A viguesa Vanessa Glemsel compite este sábado polo Premio Nacional de Poesía Viva

A poeta viguesa Vanessa Ferreira Rodríguez, coñecida artisticamente como Vanessa Glemsel, participará este sábado na...

As familias do EEI Vila Laura saen á rúa para esixir á Xunta unha profesora de apoio

Nais e pais, docentes e alumnos do EEI Vila Laura de Vigo saíron este...

A Fiscalía pide ano e medio de prisión para un home acusado de acosar con insultos homófobos a un traballador en Vigo

Un home de 39 anos enfróntase a unha petición fiscal de ano e medio...