InicioSociedadeCaballero acusa a Feijóo de "matonismo político" por non asumir o custe...

Caballero acusa a Feijóo de “matonismo político” por non asumir o custe de dúas escolas infantís

O Executivo galego cifra a "débeda" en 1,3 millóns de euros e critica que o goberno local "se restista" a pagar o seu "parte".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, avanzou que o Concello presentará este xoves un recurso contencioso-administrativo contra a Xunta por “obrigarlle” a “financiar” o mantemento de dúas escolas infantís de titularidade autonómica.

Durante unha rolda de prensa celebrada este mércores en Vigo, Caballero sinalou que o Concello olívico destina 204.000 euros anuais a custear parte do funcionamento das escolas de Valladares e a rúa Palencia a pesar de que a súa titularidade compete “exclusivamente” ao Goberno galego.

Deste xeito, o rexedor xustificou a interposición do recurso ante a falta de resposta por vía administrativa por parte do Executivo autonómico. Tamén avanzou que a Xunta se atopa en prazo de “resposta administrativa” respecto ao rexeitamento do goberno local a asumir o pago de 350.000 euros anuais relacionados co mantemento de tres centros de día autonómicos situados na cidade.

Así, o alcalde achacou esta situación ao “matonismo político” que exerce, na súa opinión, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e avanzou de que informará a todos os municipios galegos diso.

RESPOSTA DO GOBERNO GALEGO

Pola súa banda, o Goberno galego sinalou que os centros de día e as escolas ás que se referiu o Consistorio enmárcanse no Consorcio Galego de Benestar, “unha entidade interadministrativa da que forman parte a Xunta de Galicia e varios municipios galegos, entre os que está, desde 2007 e voluntariamente, o Concello de Vigo”.

Nesta liña, o Executivo autonómico denunciou que o alcalde “leva desde 2017 resistíendose a pagar a parte que lle corresponde das escolas infantís”. Sobre ese punto, a Administración autonómica sinalou que o Concello contraeu unha “débeda” de 1,3 millóns de euros en relación ao mantemento do tres centros de día e as dúas escolas desde 2017.

Así mesmo, lembrou que o modelo de financiamento do Consorcio está vixente desde 2017, así como que se aplica a todos os municipios que o integran. Tamén remarcou que representantes de todas as forzas políticas que compoñen a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) acordaron a utilización deste método por “unanimidade”.

FINANCIAMENTO MUNICIPAL

Noutra orde de cousas, o alcalde de Vigo anunciou que remitirá outra misiva aos seus homólogos nos distintos municipios galegos para instalos a esixir á Xunta que “multiplique por tres” a súa achega ao financiamento local.

Neste sentido, Abel Caballero lembrou que a Constitución Española recolle que o financiamento das administracións locais nutrirase de tributos propios, así como dos do Estado e a Xunta.

ÚLTIMAS

O BNG de Vigo propón converter o Ifevi nun recinto de grandes concertos para salvar o bosque de Navia

O BNG de Vigo puxo sobre a mesa unha alternativa para que a cidade...

Abel Caballero reclama á Deputación de Pontevedra unha débeda de 50 millóns e acusa á institución de infrafinanciar Vigo

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reclamou este venres á Deputación de Pontevedra unha...

A Xunta insta ao Concello de Vigo a actuar tras detectar niveis elevados de chumbo na auga en Beade

A Xunta de Galicia solicitou ao Concello de Vigo que adopte medidas correctoras despois...

Temporal.- Vigo volve quedar sen tren por segundo día consecutivo

Renfe informou de que este venres se manterá a suspensión de trens con orixe...