InicioSociedadeAfúndese no porto de Aldán o narcosubmarino reflotado e complícase a investigación

Afúndese no porto de Aldán o narcosubmarino reflotado e complícase a investigación

Foi a pique na manobra, coincidindo co forte vento na zona.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O submarino cargado con droga que foi achado a pasada fin de semana nun punto da costa galega foi remolcado esta tarde ata o porto de Aldán, onde se foi a pique na manobra coincidindo co forte vento na zona.

Ao narcosubmarino, duns vinte metros de eslora, que fora reflotado e arrastrado por un remolcador e dous pesqueiros, ao chegar a porto, nas manobras de achegamento, soltáronselle os arneses.

Como consecuencia diso, o aparello afundiuse ata unha profundidade dunha decena de metros, o que complica aínda máis a tarefa dos investigadores.

A rotura dos arneses que suxeitaban os  flotadores produciuse cando procedían a colocar o submarino sobre a rampla de acceso ao porto, aproveitando a  preamar, coa finalidade de facilitar o acceso ao interior para inspeccionar a droga.

O submarino, que segundo os investigadores contén no seu interior uns 3.000 quilogramos de cocaína de gran pureza procedente dalgún países latinoamericano, foi achado o pasado domingo medio afundido nunha zona da península do Morrazo, na costa galega, despois de que os seus tripulantes o abandonasen.

As autoridades buscan un dos tres tripulantes, supostamente de nacionalidade española, que fuxiu, mentres os outros dous, de orixe ecuatoriana, foron detidos.

Trátase do primeiro submarino cargado con droga apresado nas costas europeas supostamente tras efectuar un traxecto  transatlántico.

ÚLTIMAS

The Corrs actuarán en Vigo o 11 de agosto en Castrelos

A banda irlandesa The Corrs actuará no auditorio de Castrelos de Vigo o próximo...

O PP e o BNG de Vigo esixen mobilizar 60 millóns de remanentes para vivenda e servizos sociais

O Partido Popular e o BNG de Vigo coincidiron este mércores en demandar unha...

O Xuíz pide á Policía Local todos os informes sobre intervencións na atracción Saltamontes en Coia e Balaídos “en anos anteriores”

O tribunal de instancia, sección de instrución, praza 3 de Vigo, que investiga o...

Rueda presenta en Vigo 172 vivendas protexidas e 37,2 millóns de investimento

A Xunta licitou a construción dun novo edificio na ampliación do barrio vigués de...