InicioSociedadeAprazada a inauguración da nora de Nadal de Vigo ante a previsión...

Aprazada a inauguración da nora de Nadal de Vigo ante a previsión de mal tempo

A principal e máis rechamante novidade do Nadal de Vigo 2019, a gran nora de 62 metros de altura, farase aínda esperar. Aínda que estaba previsto que a instalación se inaugurase este domingo, a previsión de mal tempo durante a xornada levou a pospor polo momento a apertura ao público.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A principal e máis rechamante novidade do Nadal de Vigo 2019, a gran nora de 62 metros de altura, farase aínda esperar.

Aínda que estaba previsto que a instalación se inaugurase este domingo, a previsión de mal tempo durante a xornada levou a pospor polo momento a apertura ao público.

Esta instalación, situada no cruzamento de Concepción Arenal e Colón, ten capacidade para 192 persoas distribuídas en 48 ‘cestas’ para catro ocupantes cada unha, e dispón de case 200.000 puntos de luz led. Ademais, no centro da estrutura, hai unha enorme pantalla circular para emitir imaxes.

Cando se inaugure, a previsión é que o seu horario sexa de 11,00 a 00,00 horas de luns a xoves; ata as 2,00 horas en venres, sábados e vésperas de festivos; e ata a 1,00 en domingos e festivos. Haberá un horario especial para os días 24 e 31 de decembro, de 11,00 a 19,00 horas.

ÚLTIMAS

Vigo activa a prealerta por seca e restrinxe o uso da auga en baldeos, regos, fontes e duchas das praias

O Concello de Vigo activou a situación de prealerta por seca e adoptou medidas...

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...