InicioEconomíaAbel Caballero acusa á Xunta de ser a responsable da marcha de...

Abel Caballero acusa á Xunta de ser a responsable da marcha de Ryainair de Vigo a Santiago

A Xunta nega "tallantemente" as acusacións e pide a Caballero que rectifique.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, responsabilizou á Xunta de Galicia da marcha da aerolínea Ryainair do aeroporto de Peinador, e denunciou que o Executivo autonómico “negociou” para que a compañía trasladase eses voos a Santiago, uns voos que, segundo o primeiro edil vigués, “paga” o Goberno galego.

Nunha rolda de prensa, o rexedor olívico proclamou que “xa se empeza a saber por que Ryanair marchou”, en alusión ao anuncio feito hai semanas pola compañía de que deixa de operar o voo a Barcelona desde este luns, e que fará o mesmo cos voos a Londres e Dublín a primeiros de maio.

“A Xunta falou (con Ryanair) para que marcharan de Vigo a Santiago, e paga para que se vaian a Santiago”, proclamou Abel Caballero, quen lembrou que, cando a aerolínea pretendeu renovar o convenio cunhas condicións que non garantían os voos desde Peinador, xa sospeitou que “algo tiña que haber detrás”.

Segundo o alcalde, “a Xunta está a pagarlles os voos desde Santiago”, e criticou que o PP de Vigo “segue estando coa Xunta e contra a cidade”. En todo caso, puntualizou que o goberno municipal mantén contactos con varias compañías, que están interesadas en operar desde Peinador.

CRÍTICAS DO PP E DA XUNTA

Pola súa banda, a líder do PPdeG, reclamou este luns un “xiro” na política aeroportuaria local, para que dea resposta a “demandas e necesidades” e non a “ocorrencias” que se traducen en “fracasos”.

Pola súa banda, a Xunta de Galicia negou “tallantemente” que financie rutas aéreas, tal e como afirma o alcalde de Vigo, Abel Caballero. Así o trasladou o delegado territorial do goberno autonómico, Ignacio López-Chaves, que lembrou que Abel Caballero é quen “leva anos dinamitando a coordinación aeroportuaria, unha actitude que lle responsabiliza de reforzar O Porto en detrimento de Vigo”.

“Esiximos ao alcalde que deixe de culpaar ao presidente dos seus fracasos de xestión coas compañías que operan en Peinador”, apuntou o delegado territorial.

ÚLTIMAS

Arde un prototipo creado por estudantes na Escola de Enxeñaría Industrial de Vigo

Un incendio nun garaxe anexo da Escola de Enxeñaría Industrial de Vigo, no campus...

Disputa familiar nas redes sociais mobiliza ás forzas de seguridade

A Garda Civil investiga a unha decena de persoas das zonas de Vigo e...

Falece Seve, figura esencial da cultura popular e musical do Porriño e comarca

A comarca do Condado e da Louriña amenceu hoxe envolta nunha fonda tristura tras...

Un home de 67 anos, ferido grave tras ser atropelado por un bus urbano

Un home, M.Z.A. de 67 anos de idade, resultou ferido grave na tarde deste...