InicioSociedadeTui dá novos pasos na Feira Internacional de Turismo para incorporarse á...

Tui dá novos pasos na Feira Internacional de Turismo para incorporarse á Red de Juderías e á Ruta da Camelia

O alcalde de Tui viaxa a FITUR.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Tui estará mañá mércores presente en FITUR, a Feira Internacional de Turismo, que se celebrará en Madrid do 23 ao 27 deste mes, representado polo alcalde e responsable de Turismo, Carlos Vázquez Padín.

O rexedor tudense acudirá ás 12h ao stand de Turgalicia á presentación dos novos folletos dos conxuntos monumentais galegos, entre os que se atopa o de Tui. Posteriormente visitará o posto da Red de Juderías de España, co obxectivo de ir traballando ante a posibilidade de que Tui se poida incorporar a este grupo.

Carlos Vázquez Padín aproveitará a súa visita a esta cita internacional de Turismo para visitar outros stand e poder así tomar nota de distintas iniciativas que se poidan extrapolar ao turismo local para promocionar a cidade e os seus atractivos.

Explica o alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, que é a primeira vez que se está a facer unha política integral de turismo enfocada a promover o potencial turístico do municipio. Nese senso apuntaba á redacción dun Plan Director de Turismo que está en marcha, a candidatura para entrar a formar para da Red de Juderías de España, e o obxectivo de que o municipio se poida incorporar á Ruta da Camelia, entre outros.

ÚLTIMAS

Centos de persoas saen á rúa en Vigo contra a crise da vivenda: “Nin unha Maricarmen máis”

Centos de persoas concentráronse este luns na Porta do Sol de Vigo, convocadas pola...

Vigo suspende por sorpresa a licitación do bus urbano, o maior contrato da súa historia

O Concello de Vigo publicou este luns na Plataforma de Contratación do Estado o...

A Xunta acorda a expropiación de case 15 hectáreas de monte comunal en Mos para a cidade deportiva do Celta

O Diario Oficial de Galicia (DOG) recolle este luns a resolución da Consellería de...

A UVigo supera o 100 % de ocupación nos graos e suma 3.883 novas matrículas

A Universidade de Vigo (UVigo) alcanzou unha taxa de ocupación do 103 % na...