InicioSociedadeO Goberno defende baixar a velocidade na A-55 pola alta siniestralidade: "A...

O Goberno defende baixar a velocidade na A-55 pola alta siniestralidade: “A todos nos debería parecer ben”

PUBLICADO O

- Advertisement -

O subdelegado do Goberno na provincia de Pontevedra, Abel Losada, xustificou este luns as novas reducións da velocidade máxima permitida na A-55 que une O Porriño con Vigo debido a ser unha das estradas con maior sinistralidade do Estado.

“A todos nos debería parecer ben que estas medidas se presenten como un exercicio de responsabilidade”, reivindicou Losada, ao explicar que hai meses a DGT, a Garda Civil de Tráfico e Estradas do Estado lle trasladaron a necesidade de reforzar as medidas de seguridade na dita vía.

Segundo os primeiros datos, segundo apuntou nun audio enviado aos medios de comunicación, a baixada da velocidade tería permitido reducir os accidentes durante os primeiros días da súa implantación, aínda que recoñeceu que haberá que agardar a contar con máis datos.

Abel Losada aproveitou o mesmo audio para insistir na necesidade dunha autovía en túnel que conecte a A-52 con Vigo, rexeitando a “gincana” que, ao seu xuízo, suporía empregar a AP-9, xa construída, como alternativa.

ÚLTIMAS

“A indiferenza tamén é violencia”: Vigo sae á rúa baixo a choiva para defender as persoas sen fogar

Decenas de persoas protestaron na tarde deste venres en Vigo contra a aporofobia e...

Denuncian a eliminación de vexetación nun humidal de Vigo: “Non hai persoas nin vehículos que circulen baixo esas árbores”

A plataforma veciñal Barreiro Ladra denunciou a realización de rozas nun humidal de Vigo,...

Cayetana Álvarez de Toledo tenta convencer aos vigueses do “cambio necesario” con Feijóo

A número 2 da candidatura do PP por Madrid, Cayetana Álvarez de Toledo, participou...

Zona Franca inclúe na ampliación do polígono de Balaídos un “pulmón verde” de máis de 70.000 metros cadrados

O Consorcio Zona Franca de Vigo avanza co proxecto de ampliación do parque empresarial...