InicioEconomíaO BNG de Vigo culpa á Xunta da "desertización produtiva" e o...

O BNG de Vigo culpa á Xunta da “desertización produtiva” e o aumento do paro na industria

Pérez Igrexas alerta dunha subida do desemprego industrial do 5% no último semestre e reclama unha intervención pública enerxética.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O BNG de Vigo culpou ás “nefastas” políticas da Xunta de Galicia do novo aumento do paro na industria da cidade, demandando unha “enerxética intervención pública” ante a “continua perda de empregos”. Nun comunicado, o portavoz municipal do Bloque, Xabier Pérez Igrexas, alertou de que os últimos datos oficiais de paro evidencian que o desemprego na industria viguesa aumentou nun 2,5% en marzo e ata un 5% no último semestre.

Para el, trátase dun problema que “vén de lonxe”, xa que desde 2009 se destruíron 3.500 postos de traballo e, na última década, desapareceron o 18% das empresas do sector, segundo apunta Igrexas. “Mentres se destrúe emprego industrial o que crece é a precariedade, con máis contratos temporais, máis parcialidade e salarios que non chegan”, advertiu o nacionalista, lamentando que hai moitas familias na cidade que “non poden vivir con dignidade a pesar de ter un emprego”.

Por todo iso, sinalou directamente ao Executivo autonómico pola súa “inacción” a pesar de que a “desertización produtiva” da maior cidade de Galicia “avanza sen freo”.

ÚLTIMAS

Intervida unha narcolancha cando era transportada nun camión en Mos

A Garda Civil de Pontevedra interveu unha posible narcolancha que estaba a ser transportada...

Ábrese o prazo de exposición pública para a revisión de autorización ambiental de CZ Vacines (Zendal) no Porriño

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este venres a resolución pola que se...

Caballero recibe de Defensa a Gran Cruz do Mérito Naval con distintivo branco

O Ministerio de Defensa concedeu ao alcalde de Vigo, Abel Caballero, a Gran Cruz...

A vivenda volve sacar a xente á rúa: Vigo e Ourense mobilízanse contra a “emerxencia habitacional”

Alianza Pola Vivenda convocou mobilizacións para este venres nas cidades de Vigo e Ourense...