InicioSociedadeIndemnizada con 30.000 euros tras caer nunha zona de Vigo "en estado...

Indemnizada con 30.000 euros tras caer nunha zona de Vigo “en estado lamentable” por obras de humanización

PUBLICADO O

- Advertisement -

Unha muller foi indemnizada en 30.000 euros en base a unha sentenza do Tribunal de Instancia de Vigo, sección do Contencioso Administrativo, praza 2, polos danos sufridos tras unha caída nunha zona da cidade olívica que se atopaba en “estado lamentable”, debido a unhas obras de humanización.

Os feitos ocorreron na noite do 23 de decembro de 2018, cando a muller atravesaba un paso de peóns na confluencia das rúas Camilo José Cela e Coruña, e sufriu unha caída que lle provocou unha fractura de boneca. A prexudicada recibiu tratamento pero tivo unha mala evolución da lesión, chegando a estenderse os seus problemas ao ombreiro, debido ao tempo de inmovilización do brazo, e quedou con secuelas e dor.

Tras o sucedido, a muller, presentou unha reclamación ante o Concello pero, na súa resolución, a administración municipal elude pronunciarse sobre a entidade dos danos sufridos, aínda que recoñece que hai unha responsabilidade por parte da empresa que estaba a realizar as obras (contratada polo propio Consistorio).

Fronte a esa resolución, a muller presentou recurso contencioso administrativo, e o xulgado estimouno parcialmente, revogando a decisión do Concello e condenando á empresa adxudicataria das obras a indemnizala con 30.000 euros. Na sentenza, que xa é firme, o xuíz afea ao Concello de Vigo que abdicase das súas responsabilidades e que se limitou a recoñecer a responsabilidade dun terceiro, pero sen resolver a reclamación, senón que “a quita de encima”.

Así mesmo, o xuíz ve acreditado que o accidente se produciu nunha zona que se atopaba, debido ás obras (aínda que nese momento estaban paradas polas datas do Nadal), nun “estado lamentable”, sen sinalización nin pasarela ou itinerario alternativo. Deste xeito, a pesar das fochancas e “grandes sovacones”, a zona estaba aberta ao tránsito de peóns sen medidas de seguridade.

ÚLTIMAS

Vigo rexistrou nas últimas semanas varias denuncias por estafas

A Policía Nacional alertou de novos casos de estafa a través de supostas plataformas...

Caballero segue sen adherirse ao convenio para a xestión dos incendios

O PP de Vigo instou este venres ao goberno municipal de Abel Caballero a...

Vigo pide ao Goberno unha nova axuda para financiar o bus urbano e Caballero carga contra a Xunta: “Achega 0”

A Xunta de Goberno Local de Vigo aprobou este venres solicitar á Dirección Xeral...

A realidade virtual convértese en aliada contra as secuelas do cancro infantil nun pioneiro estudo en Vigo

A tecnoloxía de vangarda abre novas vías para mellorar a calidade de vida dos...