InicioMovementos SociaisMédicos de Vigo urxen ao conselleiro a "negociar de verdade" tras 8...

Médicos de Vigo urxen ao conselleiro a “negociar de verdade” tras 8 días de peche no Olimpia Valencia

O colectivo denuncia sobrecargas de ata 100 pacientes ao día e Abel Caballero anuncia un concerto de apoio na Porta do Sol.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Médicos de Vigo agardan que o conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, “sente a negociar de verdade” tras oito días de peche no CIS Olimpia Valencia e ante o inicio da cuarta semana de folga na Atención Primaria. Así o sinalou a facultativa Maite Espantoso durante a concentración convocada por O’Mega esta mañá ante as portas do centro de saúde vigués. A protesta coincidiu co arranque da reunión en Santiago entre a Xunta e o sindicato para tratar de desbloquear o conflito.

A facultativa reivindicou que o único que piden é “traballar dignamente”, para o que consideran imprescindible limitar a 30 os pacientes diarios con 10 minutos por consulta. Espantoso criticou que, na actualidade, os médicos de Primaria atenden entre 45 e 60 persoas por xornada, chegando a rexistrarse picos de ata 101 pacientes en zonas como Cangas durante os días de folga. Por iso, insistiu na “sobrecarga asistencial” que sofren, realizando horas extra non remuneradas e omitindo os seus descansos. “Coidamos á xente, gústanos facelo ben”, reprochou.

80.000 CONSULTAS CANCELADAS

Segundo as estimacións do colectivo, en Galicia cancélanse unhas 5.000 consultas ao día, acumulando xa case 80.000 desde o inicio do paro. Á concentración de hoxe acudiu o alcalde de Vigo, Abel Caballero, quen anunciou que o Concello organizará un concerto de apoio aos médicos de Atención Primaria. Este evento celebrarase na Porta do Sol nunha data aínda por determinar, coincidindo co marco dos actos da Festa da Reconquista.

ÚLTIMAS

Ábrese o prazo de exposición pública para a revisión de autorización ambiental de CZ Vacines (Zendal) no Porriño

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este venres a resolución pola que se...

Caballero recibe de Defensa a Gran Cruz do Mérito Naval con distintivo branco

O Ministerio de Defensa concedeu ao alcalde de Vigo, Abel Caballero, a Gran Cruz...

A vivenda volve sacar a xente á rúa: Vigo e Ourense mobilízanse contra a “emerxencia habitacional”

Alianza Pola Vivenda convocou mobilizacións para este venres nas cidades de Vigo e Ourense...

Vigo reclama finalmente a Audasa 120.000 euros polo IBI de 2023, cando finalizou a exención “franquista”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reclamoulle finalmente a Audasa 120.000 euros polo Imposto...