InicioSociedadeEsquerda Unida apoia declarar o aeroporto de Peinador como Lugar de Memoria...

Esquerda Unida apoia declarar o aeroporto de Peinador como Lugar de Memoria Democrática

O partido lembra que o aeródromo foi construído mediante traballo forzoso imposto a veciños de Vigo, Lavadores e Mos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Esquerda Unida de Vigo mostrou o seu apoio á solicitude de Sumar para que o aeroporto de Peinador sexa declarado Lugar de Memoria Democrática, ao considerar que representa “un testemuño material da represión franquista”.

A formación lembra que o aeródromo, inaugurado en 1954, tivo a súa orixe no traballo forzoso imposto por edicto en 1936, que obrigaba a veciños de Vigo, Lavadores e Mos a realizar dous días mensuais de obras de explanación ou pagar seis pesetas por xornada.

O coordinador local de EU, Guillermo Crego, subliñou que “sinalizar e explicar o orixe de Peinador é un deber democrático”. O grupo propón que o Goberno inicie o expediente, coordine actuacións con AENA, Xunta e concellos afectados, e instale paneis interpretativos e un espazo de homenaxe. Ademais, reclama un programa educativo anual e un acto de recordo cada 17 de setembro. EU tamén criticou ao goberno local por manter símbolos sen contextualizar, como a Cruz dos Caídos do monte do Castro.

ÚLTIMAS

Rueda reúnese cos responsables de Conxemar para impulsar o sector da pesca transformada en Galicia

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, celebrou esta semana un encontro na...

O Celta de Vigo entrega á Deputación de Ourense material contra incendios recadado nunha xornada solidaria

O Real Club Celta de Vigo fixo entrega este domingo á Deputación de Ourense...

Xulgan en Vigo unha muller acusada de estafar 6.800 euros cun falso aviso dun “fillo en apuros”

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, celebrará o...