InicioSociedadeSindicatos ven unha "oportunidade perdida" o Olimpia Valencia porque "non descargará a...

Sindicatos ven unha “oportunidade perdida” o Olimpia Valencia porque “non descargará a sobrecarga asistencial” actual

Sindicatos lamentaron que o Olimpia Valencia implicará o peche dos centros de saúde de Nicolás Pena e de López Moura polo que "non supón unha mellora" dos servizos, senón un "mero" transvasamento de persoal dunhas instalacións a outras.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Sindicatos lamentaron a “oportunidade perdida” que, para eles, será o novo centro de saúde Olimpia Valencia de Vigo, xa que “non vai supor unha descarga da sobrecarga asistencial nin mellorará os servizos” sanitarios actuais. Así o sinalou en rolda de prensa a portavoz da comisión de centro da área Sanitaria de Vigo, Pilar Rodríguez, quen criticou que a apertura deste novo centro, prevista para o primeiro trimestre de 2026, “non estea ligada a unha dotación de persoal propia”.

Tal como lembrou, o Olimpia Valencia implicará o peche dos centros de saúde de Nicolás Pena e de López Moura polo que “non supón unha mellora” dos servizos, senón un “mero” transvasamento de persoal dunhas instalacións a outras. Despois de pór o foco no “escurantismo” co que operou o Servizo Galego de Saúde (Sergas) á hora de desenvolver o novo edificio, Rodríguez expresou o seu “malestar” pola centralización do servizo de pediatría doutros centros no Olimpia Valencia.

Por iso, apuntou cara o plan funcional do Sergas para o centro, indicando que tras tres reunións conseguiuse que se gañasen 12 prazas de distingas categorías como Odontoloxía, hixienista bucodental, farmacia, traballo social, psicoloxía clínica, TCAE, fisioterapeuta ou nutricionista. Con todo, é “insuficiente” porque non contará cunha dotación propia de médicos de familia ou enfermaría, entre outros postos, senón que serán recolocados os profesionais dos centros que pecharán.

Por todo iso, este luns presentaron máis de 2.000 firmas que foron recollidas ata agora solicitando que non se traslade o servizo de Pediatría do centro de Coia e que non se peche o Nicolás Pena. Así mesmo, ante esta situación, non descartan levar a cabo algún outro tipo de protesta nos próximos meses.

ÚLTIMAS

The Corrs actuarán en Vigo o 11 de agosto en Castrelos

A banda irlandesa The Corrs actuará no auditorio de Castrelos de Vigo o próximo...

O PP e o BNG de Vigo esixen mobilizar 60 millóns de remanentes para vivenda e servizos sociais

O Partido Popular e o BNG de Vigo coincidiron este mércores en demandar unha...

O Xuíz pide á Policía Local todos os informes sobre intervencións na atracción Saltamontes en Coia e Balaídos “en anos anteriores”

O tribunal de instancia, sección de instrución, praza 3 de Vigo, que investiga o...

Rueda presenta en Vigo 172 vivendas protexidas e 37,2 millóns de investimento

A Xunta licitou a construción dun novo edificio na ampliación do barrio vigués de...