InicioSociedadeFillas de Cassandra e A Banda da Loba, cabezas de cartel na...

Fillas de Cassandra e A Banda da Loba, cabezas de cartel na gala homenaxe ás nais da Asociación Érguete

Durante a celebración da gala, que terá lugar o xoves 9 de outubro no Teatro Afundación de Vigo, ademais das actuacións de academia Media Punta e Sofía Gaona, haberá espazo para que as nais de Érguete conten a súa loita ao público e para que as persoas usuarias da asociación, que atende a 8.000 persoas cada ano.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Fillas de Cassandra e A Banda da Loba encabezan o cartel da gala homenaxe ás nais da Asociación Érguete que se celebrará no Teatro Afundación de Vigo, o vindeiro xoves 9 de outubro ás 20.00 horas. “É o que merecen. O que moitas non puideron gozar tras anos e anos de loita. Queremos que a sociedade galega poida agradecerlles todo o que fixeron cun gran aplauso”, indicou a vicepresidenta da asociación, Sonia Fernández. A gala estará conducida por Xosé Antonio Touriñán, Carlos Blanco e Arantxa Treus, que destacou este mércores que para ela é “un orgullo poder participar nesta homenaxe a unhas nais que salvaron vidas“.

Durante a celebración da gala, ademais das actuacións de academia Media Punta e Sofía Gaona, haberá espazo para que as nais de Érguete conten a súa loita ao público e para que as persoas usuarias da asociación, que atende a 8.000 persoas cada ano, poidan amosar a súa voz a través de distintas expresións artísticas que están a preparar. As entradas son gratuítas. “Queremos que sexa unha festa de todo Vigo e Galicia. Unha homenaxe na que poidan estar todas as persoas que o desexen”, indica a coordinadora de Asociación Érguete, Elvira Rivas. A inscrición pode facerse a través dun formulario electrónico ou presencialmente na sede da entidade. As persoas que consigan entrada –vai por orde de inscrición– serán notificadas como tarde unha semana antes da gala.

ÚLTIMAS

Centos de médicos reclaman en Vigo un estatuto propio: “Non queremos atendervos mal nin con pouco tempo”

Centenares de médicos saíron á rúa este xoves en Vigo para pedir un estatuto...

Ultimato de Caballero á Deputación para a firma do convenio para a piscina de Teis: “Xa non fago paripés”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, expuxo este xoves un ultimato á Deputación de...

‘Gargallada Científica’, científicos da UVigo con alma de divulgadores e corazón de contacontos

Empregar o humor sen renunciar ao rigor, e facelo en galego. Esta é a...

Pontón esixe á Xunta mercar Povisa: “Na sanidade privada non ven pacientes, ven clientes”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, urxiu unha vez máis a compra do...