InicioSociedadeMorre Ángel Cameselle, expresidente da xunta de persoal do Chuvi e exresponsable...

Morre Ángel Cameselle, expresidente da xunta de persoal do Chuvi e exresponsable de Sanidade en CC.OO. Galicia

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Federación de Sanidade e Servizos Sociosanitarios de CC.OO. en Galicia confirmou nas últimas horas, a través das redes sociais, o falecemento de Ángel Cameselle Corbacho, quen foi presidente da xunta de persoal da área sanitaria de Vigo, ademais de ter responsabilidades en varios ámbitos da federación, entre elas, a secretaría a nivel galego.

O sindicato trasladou a noticia mediante unha emotiva mensaxe publicada en redes, no que lamentou que CC.OO. Sanidade quedou “orfa” tras a perda dun “loitador incondicional”. “Sabemos que che vas orgulloso do traballo ben feito, porque nós tamén sentimos orgullo de todo o que aprendemos contigo”, sinalaron.

CC.OO. puxo en valor a traxectoria de Cameselle, de quen destacou a súa “paixón” pola “loita obreira”, polo “sindicalismo de clase” e “polas batallas gañadas”; e lembrou que, como presidente da xunta de persoal do Chuvi, promoveu “a maior manifestación en defensa da sanidade pública que se fixo neste país”, en alusión á gran marcha celebrada en Vigo en 2016.

O sindicato tamén rememorou o galardón de Vigueses Distinguidos outorgado aos representantes dos traballadores sanitarios de Vigo e recolleito polo propio Cameselle, así como o seu traballo interno dentro da federación de sanidade de CC.OO. na cidade e en Galicia. Finalmente, tras enviar “un fortísimo abrazo” á súa muller e fillas, a organización proclamou que  Cameselle foi “un dos imprescindibles”.bles”.

ÚLTIMAS

A falta de visibilidade en Peinador obriga a regresar a Madrid a un avión con destino Vigo

A falta de visibilidade obrigou a regresar a Madrid ao piloto do voo de...

‘Romaría’: Carla Simón viaxa á ría de Vigo para reconstruír o pasado dos seus pais

A cidade de Vigo acolle este martes a preestrea do filme 'Romaría' (a estrea...

A Plataforma fronte á Masificación Turística pide unha moratoria de licenzas para VUT

A Plataforma fronte á Masificación Turística de Vigo e O Morrazo dirixiuse por carta...

O PP de Vigo pide a Caballero que deixe as “ambigüidades” sobre a biblioteca de Teis

O grupo municipal do PP no Concello de Vigo esixiu ao alcalde, Abel Caballero,...