InicioSociedadeO Concello de Vigo programa máis de dúas semanas de actividades con...

O Concello de Vigo programa máis de dúas semanas de actividades con motivo do 8M baixo o lema ‘Libres, fortes, unidas’

Haberá música, teatro, danza, cinema e outros eventos en diferentes puntos da cidade.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Vigo programou máis de dúas semanas de actividades con motivo do 8M, Día Internacional da Muller, baixo o lema ‘Libres, fortes, unidas’, con música, teatro, danza, cinema e outros eventos, en diferentes puntos da cidade. A programación foi presentada este xoves nun acto no que participaron o alcalde, Abel Caballero, acompañado pola tenente de Alcalde, Carmela Silva, a concelleira Ana Laura Igrexas, e as integrantes do Consello Municipal da Muller.

Os actos comezarán o 5 de marzo, co concerto ‘Cantando ás poetas do 27’ a cargo de Sheila Branco, no Auditorio Municipal, e continuarán ao longo dos seguintes días con outras propostas culturais, como o espectáculo de monólogos ‘Sobria e Serena’ a cargo de Xasmín Abuín e Arantxa Treus (6 de marzo); o espectáculo de danza ‘Bailar agora’ (7 de marzo); a representación de monicreques ‘A mestra’ (9 de marzo); ou as proxeccións das películas ‘Prefiro condenarme’ (11 de marzo) e ‘A bicicleta verde’ (18 de marzo), entre outras actividades.

Ademais, o 7 de marzo de celebrarase o pleno específico do Consello Municipal da Muller, no salón de plenos do Concello; e os días 19 e 20 de marzo haberá unhas xornadas formativas sobre violencia económica. Na presentación do programa de actividades, Abel Caballero puxo en valor o significado do 8M e, nese marco, reivindicou a importancia do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, que permitirá aos concellos ter “máis recursos” para combater esta violencia. Pola súa banda, a portavoz do Consello Municipal da Muller, Elena Rodríguez, fixo un chamamento a toda a cidadanía para que participen nas actividades con motivo do 8M, e celebrou que “Vigo pon ás mulleres no centro da política”.

ÚLTIMAS

The Corrs actuarán en Vigo o 11 de agosto en Castrelos

A banda irlandesa The Corrs actuará no auditorio de Castrelos de Vigo o próximo...

O PP e o BNG de Vigo esixen mobilizar 60 millóns de remanentes para vivenda e servizos sociais

O Partido Popular e o BNG de Vigo coincidiron este mércores en demandar unha...

O Xuíz pide á Policía Local todos os informes sobre intervencións na atracción Saltamontes en Coia e Balaídos “en anos anteriores”

O tribunal de instancia, sección de instrución, praza 3 de Vigo, que investiga o...

Rueda presenta en Vigo 172 vivendas protexidas e 37,2 millóns de investimento

A Xunta licitou a construción dun novo edificio na ampliación do barrio vigués de...