InicioSociedadeOs residentes no centro histórico de Vigo poderán solicitar un cartón para...

Os residentes no centro histórico de Vigo poderán solicitar un cartón para axilizar o acceso ás súas vivendas en Nadal

Ese cartón poderá solicitarse a través da páxina web municipal (www.vigo.org) ou de forma presencial no propio Concello, a partir do luns 28 de outubro.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Vigo expedirá desde o vindeiro luns cartóns aos residentes do centro da cidade para axilizar o acceso ás súas vivendas e garaxes durante as semanas de celebración da campaña do Nadal, nas que esa zona está especialmente afectada polas restriciones de circulación, debido á instalación da decoración do Nadal e as actividades festivas. Segundo anunciou o alcalde, Abel Caballero, a través de declaracións remitidas aos medios, o Concello deseñou uns cartóns, que os residentes deberán levar visibles nos seus vehículos, para facilitar que, nesas semanas, poidan chegar de formar máis rápida aos seus domicilios.

De feito, unha das principais queixas deses veciños nos últimos anos foi a dificultade para poder chegar ás súas vivendas e garaxes, os rodeos que teñen que dar, e as trabas que supón ter que identificarse ante os axentes de Policía Local que regulan o tráfico ou os voluntarios que vixían esas rúas céntricas nesas datas de gran afluencia de visitantes. O rexedor explicou que ese cartón poderá solicitarse a través da páxina web municipal (www.vigo.org) ou de forma presencial no propio Concello, a partir do luns 28 de outubro. Así mesmo, a través da web facilitarase un mapa descargable e unha listaxe de rúas afectadas polas restricións de tráfico en Nadal.

ÚLTIMAS

“A indiferenza tamén é violencia”: Vigo sae á rúa baixo a choiva para defender as persoas sen fogar

Decenas de persoas protestaron na tarde deste venres en Vigo contra a aporofobia e...

Denuncian a eliminación de vexetación nun humidal de Vigo: “Non hai persoas nin vehículos que circulen baixo esas árbores”

A plataforma veciñal Barreiro Ladra denunciou a realización de rozas nun humidal de Vigo,...

Cayetana Álvarez de Toledo tenta convencer aos vigueses do “cambio necesario” con Feijóo

A número 2 da candidatura do PP por Madrid, Cayetana Álvarez de Toledo, participou...

Zona Franca inclúe na ampliación do polígono de Balaídos un “pulmón verde” de máis de 70.000 metros cadrados

O Consorcio Zona Franca de Vigo avanza co proxecto de ampliación do parque empresarial...