InicioSociedadeProcesan por supostos abusos sexuais ao exdirector dunha asociación xuvenil vinculada ao...

Procesan por supostos abusos sexuais ao exdirector dunha asociación xuvenil vinculada ao Opus Dei

O Opus Dei emitiu un comunicado pedindo perdón polos feitos e aclarando que o procesado xa non forma parte da entidade.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Xulgado de Instrución número 8 de Vigo abriu auto de procesamento contra o que era director dunha asociación xuvenil de Vigo vinculada ao Opus Dei por supostos abusos sexuais continuados labores contra un menor que participaba nas actividades da entidade. Os feitos, segundo recolle o auto, remóntanse aos anos 2022 e 2023 o procesado, próximo á familia do menor, realizaba con el funcións de ‘coach’ e asesoramento espiritual.

Os feitos, que adianta o Faro de Vigo, terían lugar en varias ocasións nas dependencias da propia asociación en Vigo e en Madrid durante unha convivencia. O sucedido foi posto en coñecemento dos tribunais polo propio acusado, aínda que ante o xuíz só o recoñeceu “parcialmente”. Non entanto, dentro das dilixencias practicadas, recolle o auto, dous representantes do Opus Dei que elaboraron un expediente ao home declararon que el lles recoñeceu os abusos durante unha entrevista no marco deste expediente. O xuíz instrutor considera os feitos constitutivos dun delito continuado de abusos sexuais con penetración cometido sobre un menor, do que declara ao home como procesado, e pide unha fianza de 30.000 euros.

O OPUS DEI PIDE PERDÓN

En relación a este caso, o Opus Dei emitiu este venres un comunicado no que pide “perdón polo sucedido” e aclara que o procesado deixou de formar parte xa da entidade. O escrito recoñece que a Delegación de Noroeste da prelatura do Opus Dei tivo coñecemento das “presuntas condutas constutivas” dun delito de abuso sexual a finais de abril de 2023. De inmediato, segundo as normas de convivencia e o plan de protección e seguridade dos menores da propia entidade, puxéronse en contacto co menor e os seus pais, “co fin de ofrecerlles desde o principio apoio e asistencia”.

Así mesmo, “iniciouse unha investigación que concluíu que os feitos eran verosímiles”, apunta o Opus Dei, que acordou cos pais do menor afectado que eles levarían o caso á Fiscalía. Con todo, o procesado comunicou antes o sucedido ás autoridades. “Pedimos perdón polo sucedido e lamentamos profundamente que un fiel do Opus Dei actuase así”, recolle o comunicado.

ÚLTIMAS

Un SMS falso acaba nunha estafa de 140.000 euros. Así é a estafa intervida pola Garda Civil no Porriño

O Equipo de Investigación Tecnolóxica da Unidade Orgánica de Policía Xudicial da Comandancia da...

O persoal do lixo de Vigo convoca folga indefinida a partir do 24 de maio

O comité de persoal de FCC (CIG, CC.OO. e USO), concesionaria do servizo de...

Profesorado do IES Castelao de Vigo denuncian “censura” da Xunta nunha exposición sobre Begoña Caamaño

Un grupo de profesores do IES Castelao de Vigo, que resultou gañador do Concurso-Exposición...

A CIG convoca dúas novas xornadas de folga no comercio do metal de Pontevedra

A Confederación Intersindical Galega (CIG) informou de que decidiu promover dúas novas xornadas de...