InicioCulturaJuan Barbazán triunfa no Festival de Cans cos tres premios de "María...

Juan Barbazán triunfa no Festival de Cans cos tres premios de “María Rita”

Julio Medem anunciou que está a traballar nun filme sobre dous pelotaris vascos: "Ides darme sorte para que dentro dun ano comece a rodarse?".

PUBLICADO O

- Advertisement -

‘María Rita’, de Juan Barbazán, confirmou como a gran gañadora na entrega de premios da XXIII edición do Festival de Cans, que este sábado rematou cunha das xornadas “máis concorridas” do certame —segundo a organización— e marcada pola visita do director Julio Medem, que anunciou un novo proxecto.

O traballo de Barbazán acadou tres recoñecementos: o premio ao Mellor Curtometraxe de Ficción, o galardón á Mellor Dirección de Fotografía e o que entregan os veciños e veciñas. O primeiro destes premios concedéuse pola súa “gran coherencia estética” e por amosar “dun xeito cru e directo” unha realidade “allea para moita xente”.

Pola súa banda, Paula Pereira recibiu o premio á Mellor Dirección por ‘Algo novo que contar’, recoñecida “por observar con empatía ás dúas personaxes nun proceso vital transcendental cunha mirada delicada e sutil”. A peza tamén gañou na categoría interpretativa feminina, que distinguiu ás súas protagonistas (Grial Montes e Lidia Veiga) polo seu “enriquecemento mutuo” e o “traballo actoral de escoita”.

O premio á Mellor Interpretación Masculina foi para Nancho Novo por ‘Cara de cona’ por “conseguir en pouco tempo unha interpretación magnética e ser capaz de soster un primeiro plano dunha maneira arrasadora”. O premio ao Mellor Guión foi para David Fidalgo por ‘Lucus’, unha proposta que o xurado definiu como “fresca, imaxinativa, gamberra e xenuína”; e, no apartado de Animación, o galardón principal foi para ‘O corpo de Cristo’, de Bea Lema, baseado na novela gráfica homónima e recoñecido “por contar dun xeito ousado unha historia sobre saúde mental” e facelo dun modo “técnicamente innovador”.

A obra sumou tamén o premio á Mellor Banda Sonora para Paloma Peñarrubia. Na mesma categoría, ‘Cátodo corazón’, de Manu Sacoga, recibiu unha mención especial “pela orixinalidade do formato”.

NON FICCIÓN E NOVOS CREADORES

Na sección Furacáns, de non ficción, o premio principal foi para ‘Escala un cincuenta mil’, de Ángel Suances, recoñecido ” pola sutil e atmosférica construción da memoria a través do movemento, os fragmentos e unha deriva emocional”. O xurado tamén concedeu unha mención especial a ‘Furada Negra’, de Berio Molina.

No apartado Novas Camadas, dedicado a novas creadoras e creadores, o premio principal recolleuno ‘Ausencia’, de Gema Rodríguez, “por darlle forma ao duelo cunha delicadeza e unha claridade emocional extraordinarias”. A peza recibiu tamén o premio do xurado xoven.

JULIO MEDEM TRABALLA NUN NOVO PROXECTO

Outro dos momentos máis salientables da xornada tivo lugar no tradicional ‘Coloquio na Leira’, ondeJulio Medem avanzou publicamente o desenvolvemento dun novo proxecto cinematográfico. “Agora mesmo estou movendo proxectos. Hai unha nova película sobre dous pelotaris vascos, ‘Jai Alai'”, explicou o director, segundo recolle o festival. “Dicenme que se anuncio aquí a película, vaise facer. ¿Ides darme sorte para que dentro dun ano, en 2027, comece a filmarse?”, bromeou.

ÚLTIMAS

Vigo rexistrou nas últimas semanas varias denuncias por estafas

A Policía Nacional alertou de novos casos de estafa a través de supostas plataformas...

Caballero segue sen adherirse ao convenio para a xestión dos incendios

O PP de Vigo instou este venres ao goberno municipal de Abel Caballero a...

Vigo pide ao Goberno unha nova axuda para financiar o bus urbano e Caballero carga contra a Xunta: “Achega 0”

A Xunta de Goberno Local de Vigo aprobou este venres solicitar á Dirección Xeral...

A realidade virtual convértese en aliada contra as secuelas do cancro infantil nun pioneiro estudo en Vigo

A tecnoloxía de vangarda abre novas vías para mellorar a calidade de vida dos...